Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da asistencia técnica para a realización do apoio técnico ó departamento de xestión do dominio público hidráulico nas provincias de Ourense e Pontevedra.

1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador.

Organismo autónomo Augas de Galicia.

Edificios administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono: 981 54 45 51.

Telefax: 981 54 45 34.

2. a) Procedemento de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

b) Categoría do servicio e descrición. Número de referencia da CCP.

Clave OH.088.158/AT.

Asistencia técnica para a realización do apoio técnico ó Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico nas provincias de Ourense e Pontevedra.

Orzamento: 64.649.178 ptas. (sesenta e catro millóns seiscentas corenta e nove mil cento setenta e oito pesetas, equivalente a 388.549,385 euros).

3. Lugar de execución.

Provincias de Ourense e Pontevedra.

4. a), b), c) Cualificación profesional do persoal responsable:

É a indicada no número 5 do prego de prescricións técnicas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate.

Non existe posibilidade.

6. Variantes.

Os licitadores poderán presentar, ademais, se o estiman conveniente, unha variante ou alternativa que, sen alterar substancialmente o prego de prescricións técnicas particulares, o melloren, de acordo co indicado no punto 2.1.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 4 do prego de prescricións técnicas particulares.

7. Prazo de execución do contrato.

24 meses.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: organismo autónomo Augas de Galicia. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono: 981 54 45 51.

b) Data límite para presentación de proposicións:

28 de setembro de 2000, ás 12 horas.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, día 13 de outubro de 2000, ás 10 horas.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (1.292.984 pesetas, equivalente a 7.770,990 euros).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata (2.585.967 pesetas, equivalente a 15.541,975 euros).

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pagamento efectuarase por certificación mensual aprobada polo presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, obténdose a súa contía a partir da aplicación dos prezos unitarios ás unidades de obra realmente executadas.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas, segundo o texto refundido da Lei

de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta, 3 meses conforme o artigo 89 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, alínea a), e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, alíneas a) e b) da mesma lei.

De o licitador posuí-la clasificación do grupo II, subgrupo 3, categoría B, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

17. Data de envío do anuncio.

4 de agosto de 2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

4 de agosto de 2000.

O importe do presente anuncio será pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia