Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.845

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 14 de xullo de 2000 pola que se fai público o nomeamento do coordenador autonómico da comisión autonómica de coordinación dos plans de investigación e control de determinadas substancias e os seus residuos en animais e os seus productos con destino ó consumo humano.

O Decreto 343/1999, do 16 de decembro, polo que se crea o órgano autonómico de coordinación dos plans de investigación e control de determinadas substancias e os seus residuos en animais e os seus productos con destino ó consumo humano establece, no seu artigo 5, a designación do coordinador autonómico como representante da Comunidade Autónoma na comisión nacional.

No artigo 4 establece que, unha vez nomeado, se procederá á publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único.

Desígnase como coordenador autonómico da comisión autonómica de investigación e control de determinadas substancias e os seus residuos nos animais e os seus productos con destino ó consumo humano, como órgano autonómico creado polo Decreto 343/1999, do 16 de decembro, a Carlos García-Argüelles Suárez, técnico da Dirección Xeral de Saúde Pública.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais