Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.845

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2000 pola que se nomean os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais.

O punto 1º do artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo ós consellos de servicios sociais, establece que a duración do mandato dos vocais representativos será de catro anos. O punto 2º do referido artigo establece que, producido un novo proceso electoral para o respectivo órgano de representación, se procederá a reestructura-la composición do Consello Galego de Servicios Sociais de acordo co grao de representatividade obtido no devandito proceso.

Así mesmo, o punto 3º do devandito artigo establece que os vocais do Consello Galego de Servicios sociais serán nomeados polo presidente do consello e o nomeamento deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Por outra banda, concluído o proceso electoral regulado pola Orde do 25 de xaneiro de 2000 pola que se establecen normas para a renovación do mandato dos vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e publicado o seu resultado por Resolución do 7 de xuño de 2000, procede dar cumprimento ó disposto no referido artigo 5.3º do Decreto 336/1994, do 27 de outubro.

Por todo o anterior, en aplicación do disposto no artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, e en uso das facultades que me atribúen os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

RESOLVO:

Artigo 1º.-Nomear vocais titulares e vocais suplentes do Consello Galego de Servicios Sociais as seguintes persoas:

1. En representación da Consellería da Presidencia e Administración Pública:

Titular: Alfonso Vaquero Marín.

Suplente: Ana Prieto González.

2. En representación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

Titular: Eduardo Fernández Ares.

Suplente: Juana Mª Otero Suárez.

3. En representación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais:

Titular: Mª José Rubio Vidal.

Suplente: Francisco José Ameixeiras Álvarez.

4. En representación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude:

Titular: Beatriz Soutelo Ferro.

Suplente: Amparo Castaño Aguado.

5. En representación dos órganos de representación das corporacións locais:

-Un representante das deputacións provinciais:

Titular: Julio Álvarez Núñez.

Suplente: Javier Varela Pérez.

-Tres representantes dos concellos cunha poboación superior a 20.000 habitantes:

Titular: Ramón Campos Durán.

Suplente: Manuel Díaz Rivas.

Titular: Mar Bernal Rivas.

Suplente: Ángela González Martín.

Titular: Mar Barcón Sánchez

Suplente: Belén Gómez Casado.

-Dous representantes dos concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes:

Titular: Xulio Sacristán de Diego.

Suplente: Eladio Osorio Castro.

Titular: Manuel Candal Candal.

Suplente: Francisco Gil Zamora.

6. En representación das organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Dous representantes pola Unión Xeral de Traballadores (UGT):

Titular: Raquel García Tiagonce.

Suplente: Mabel Carballeira Engrova.

Titular: Eusebio Oreona Martínez.

Suplente: José Antonio García Lores.

-Un representante por Comisións Obreiras (CCOO):

Titular: Isabel Quintáns Rodríguez.

Suplente: Mª Teresa Pérez Pardo.

-Un representante pola Confederación Intersindical Galega (CIG):

Titular: Xan Andrés Carballo Rodríguez.

Suplente: Gonzalo Gómez Rodríguez.

7. En representación da Cruz Vermella:

Titular: José Manuel García Pérez.

Suplente: Joaquín Varela Ribera.

8. En representación de Cáritas Diocesana:

Titular: Carlos Rey López.

Suplente: Nuria García Manrique.

9. En representación da Confederación de Empresarios de Galicia catro representantes:

Titular: Vicente Prado Caridad.

Suplente: Antón Cobián Varela.

Titular: Ricardo Rúa Pintos.

Suplente: Javier Migues Barreiro.

Titular: Aurora Carro Páramo.

Suplente: Sonia Pardo Díaz.

Titular: Ana María Méndez Gómez.

Suplente: Sonia Martínez Fernández Barciela.

10. En representación do Colexio Oficial de Psicólogos:

Titular: Mª Teresa Hermida Pérez.

Suplente: Emilio Lesta Casal.

11. En representación do Colexio Oficial de Sociólogos:

Titular: Eduardo Rego Rodríguez.

Suplente: Teresa Facal Fondo.

12. En representación do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia:

Titular: Concepción Rancaño Osorio.

Suplente: Mª Jesús Santos Santos.

13. En representación do Instituto Galego de Consumo:

Titular: Juan Carlos Ulla Otero.

Suplente: Juan Antonio Soler Herrero.

Artigo 2º.-Nomear vocais titulares e vocais suplentes do Consello Galego de Servicios Sociais en representación das seguintes entidades:

1. En representación das entidades que actúan na área das minusvalideces:

a) Psíquicas:

Titular: Julio César Cortiñas López.

b) Físicas:

Titular: Domingo Dosil Cubelo.

Suplente: Ángel Gárate Roca.

c) Sensoriais:

Titular: Feliciano Sola Limia.

2. En representación das entidades que actúan na área da muller:

Titular: Mª Josefa Castro Aznar.

3. En representación das entidades que actúan na área veciñal:

Titular: Arturo González Reboredo.

4. En representación das entidades que actúan na área da terceira idade:

Titular: Mª Luisa Ansorena Hortega.

Suplente: José Piñeiro Bernández.

5. En representación das entidades que actúan na área de marxinación social:

Titular: Julio Antonio Soto Varela.

Artigo 3º.-Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e no artigo 74 da Lei 6 /1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais