Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOUSAME

ANUNCIO de contratación por concurso.

O Concello de Lousame convoca licitación pública para adxudicación por concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, da seguinte obra incluída no Plan Provincial de Obras e Servicios (POS-2000): saneamento en Guiende. Obras de sumidoiro e depuración de augas residuais.

a) Prego de cláusulas administrativas particulares.

É de aplicación o prego de cláusulas administrativas particulares establecidas pola Deputación Provincial de A Coruña publicada no BOP nº 77 correspondente ó 3-4-2000.

b) Cadro de características do contrato.

1. Proxecto: saneamento en Guiende.

2. Orzamento: 12.503.130 ptas. IVE incluído.

3. Aplicación orzamento: 611.00.

4. Prazo de execución: tres (3) meses a partir da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Lugar de presentación de propostas: casa do concello. Portobravo, nº 1 (oficinas xerais).

7. Prazo de presentación de ofertas: 13 días naturais seguintes ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

8. Garantía provisoria: non se esixe.

9. Garantía definitiva: 4% sobre prezo de adxudicación.

10. Revisión de prezos: non se procede.

11. Control de calidade: esixible, sen prexuízo do establecido no anexo III.

12. Lugar onde se poden obter copias do proxecto e prego de cláusulas administrativas particulares: Selecom 99, S.L.-Copynoia; rúa de Galicia, 54-B esquerda, Noia.

13. Apertura de propostas: terá lugar o quinto día hábil, agás sábado, seguinte ó de terminación do prazo de presentación de ofertas.

ANEXO I

Modelo de proposición.

Dna...... con domicilio en..... rúa..... nº teléfono..... DNI (pasaporte ou documento que o substitúa) Nº.....; actuando en nome propio (ou en representación de ...); con domicilio social en.....; toma parte no concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia; para adxudicación das obras comprendidas no proxecto: rede de Saneamento en Guiende. Augas residuais e pluviais. Depuración.

Para estos efectos hace constar:

1. Que ofrece o prezo de (en letra e cifras)..... pesetas IVE incluído.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven do prego de cláusulas administrativas particulares da presente licitación, así como os criterios de avaliación establecidos no anexo III.

3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En..... a..... de..... dE 2000.

O/A Licitador/a. Asinado e rubricado.

ANEXO II

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte no procedemento de contratación das obras: saneamento en Guiende, presentada por......

O/A licitador/a.

ANEXO III

Opción B) Criteios de avalidación (puntuación de 0 a ...).

1º Solvencia técnica.. 10.00 (puntuación máxima).

2º Solvencia profesional.. 10.00 (puntuación máxima).

3º Prezo.. 8.50 (puntuación máxima).

4º Control de calidade externo promovido pola Administración na fase de execución da obra, por conta do adxudicatario.. 8.50 (puntuación máxima).

5º Relación de obras da mesma clase executada nos últimos cinco anos anteriores e informes sobore delas.. 8.50 (puntuación máxima).

6º Prezo medio do enganche.. 7.50 (puntuación máxima).

7º Duración do mantenemento de colectores EDAR.. 7.00 (puntuación máxima).

Lousame, 10 de xullo do 2000.

José Ramón Vidal Castelo

Alcalde