Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (229/2000).

Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 22 de xuño de 2000, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de compensación da zona 8 do SU-15 do PXOU de Ourense, por instancia de José Senén Murias Taboada e irmáns e de Río Arenteiro, S.L. condicionada a que proceda a propiedade ó levantamento da hipoteca que afecta a un dos predios, no ámbito dos terreos de cesión gratuíta e obrigatoria.

Ata o efectivo cumprimento desta condición e a súa acreditación no expediente non se entenderá eficaz o presente acordo nin se continuarán os trámites para a inscrición da compensación no Rexistro de Propiedade.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 4 de xullo de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente