Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello do Grove, en sesión celebrada o 19 de xullo de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da vía situada en Travesía rúa Bouzas que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Manuel Outón Limeres, E/R de Silganar, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese á información pública o citado proxecto de urbanización durante un mes, que comenzará a contar desde a publicación deste anuncio no DOG. O expediente encóntrase á disposición dos interesados nas oficinas da secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio do presente anuncio a notificación a aqueles propietarios de terreos afectados descoñecidos ou que, intentada a notificación, non se puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 24 de xullo de 2000.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde