Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-1/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 19 de xullo de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aproba-lo estudio de detalle modificado do POL-4 Capuchinas-Papagaio-Tabares, presentado pola comisión xestora.

2. Abrir un novo período de información pública, a teor do disposto no artigo 43 da LSG, con notificación persoal ós interesados.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que a vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, en horario laboral de 11 a 13 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación deste anuncio serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 26 de xullo de 2000.

P.D.

Alcalde