Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.781

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da subministración e entrega dun mínimo de 44 vehículos oficiais en 3 lotes: 42 tipo todo terreo, 1 tipo turismo, 1 tipo furgoneta, para a Consellería de Medio Ambiente.

1. Orzamanto máximo: 117.880.000 ptas., impostos incluídos (708.473,07 euros).

2. Prazo de execución do contrato:

26 vehículos todo terreo: 4 meses desde a formalización do contrato;

16 vehículos todo terreo, 1 vehículo tipo turismo e 1 vehículo tipo furgoneta: entre o 1 de xaneiro e o 30 de abril de 2001.

3. Fianza provisional:

Lote 1: 2.259.600 ptas. (13.580,47 euros).

Lote 2: 51.000 ptas. (306,52 euros).

Lote 3: 47.000 ptas. (282,48 euros).

4. Fianza definitiva:

Lote 1: 4.519.200 ptas. (27.160,94 euros).

Lote 2: 102.000 ptas. (613,03 euros).

Lote 3: 94.000 ptas. (564,95 euros).

5. Forma de tramitación: ordinaria.

6. Prazo de presentación das proposiciones: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños nº 2, antes das 14 horas do día 21 de setembro de 2000, data na que estarán cumpridos 52 días desde que se remitiu para a súa publicación no DOCE este anuncio, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

7. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

7.1. No sobre de documentación xeral, a establecida no punto 7.1 do prego de cláusulas administrativas.

7.2. No sobre da proposición económica a establecida no punto 7.2 do referido prego.

7.3. No sobre de referencias técnicas, a establecida no punto 7.3 do prego referenciado.

8. Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas B da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, ás 12 horas do día 28 de setembro de 2000.

9. Obtención da documentación:

9.1. Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente.

9.2. Dirección: rúa dos Basquiños , nº 2, Santiago de Compostela.

9.3. Teléfono: 981 54 17 49.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán pola conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente