Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.781

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto, dun contrato de subministración dun espectrofotómetro secuencial por emisión de plasma inductivamente acoplado (IPC-AES) con observación axial, para a análise multielemental totalmente automática.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: subministración dun espectrofotómetro secuencial por emisión de plasma inductivamente acoplado (IPC-AES) con observación axial, para a análise multielemental totalmente autómatica.

2.2. Prazo de entrega: 40 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: dezasete millóns cincocentas mil pesetas (17.500.000 pesetas), IVE incluído (105.177,12 euros).

5. Fianza provisional:

No se exige.

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento de adxudicación.

7. Documentación e información:

7.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Basquiños nº 2.

7.2. Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil será trasladada ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo será trasladada ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente