Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador I-221/1999 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten a súa disposición o expediente para examinalo, no Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta, (Pontevedra), conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 3 de xullo de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptosSanción
InfrinxidoSancionador

I-221/1999Felisa Barreiro Mosqueira, Bolivia, 47, 1º E 36204 VigoEscape de queima con autorización.Artigo 138 c) do regulamento da LIFArtigo 139 do regulamento da LIF25.000 ptas.
I-406/1999Amelia Duarte Sáez, Avda. San Diego, 101-2, pta. 01 28038 MadirAbandono dun vehículo en zona forestal.Artigo 137 e) do regulamento da LIFArtigo 139 do regulamento da LIF50.000 ptas.
I-84/2000José Mª Vila Ríos, Ponte 2 36550 ForcareiQueima sen medidas de seguridade, estando as queimas suspendidas polo S.D.C.I.F.Artigo 138 a) do regulamento da LIFArtigo 139 do regulamento da LIF15.000 ptas.
I-86/2000Manuel Serodio Comesaña, Cidáns, 55, Zamáns 36310 VigoQueima sen autorización.Artigo 137 b) do regulamento da LIFArtigo 139 do regulamento da LIF15.000 ptas.