Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador I-73/1999 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó nº de conta 2091-0388-90-3110001181 da Caixa de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publi

cación, conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto) e unha vez producida a firmeza desta resolución-firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 3 de xullo de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptosSanción
InfrinxidoSancionador

I-73/1999Miguel Gómez Lareo, Martixe, 20 36540 SilledaAbandono dun vehículo en zona forestal.Artigo 137 e) do regulamento da LIFArtigo 139 do regulamento da LIF50.000 ptas.
I-265/1999Desguaces Concheiro, S.L.

Alto de la Encarnación, 146

36320 Chapela

Abandono dun vehículo en zona forestal.Artigo 137 e) do regulamento da LIFArtigo 139 do regulamento da LIF50.000 ptas.
I-290/1999Santiago Faro Fontaiña, Ramón Nieto, 255-1º Esq. 36205 VigoQueima en época prohibida.Artigo 138 a) do regulamento da LIFArtigo 139 do regulamento da LIF15.000 ptas.