Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.767

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2000 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas 00/006 e 00/007 de corpos docentes universitarios convocadas por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e realizados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas de profesorado desta universidade números 00/006 e 00/007, convocadas por Resolución rectoral do 8 de febreiro de 2000 (BOE do 4 de marzo), comisións que se relacionan como anexo a esta resolución.

As citadas comisións deberán constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 13 de xullo de 2000.

José Luis Meilán Gil.

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: fundamentos da análise económica.

Praza nº: 00/006.

Comisión titular:

Presidente: Quintás Seoane, Juan Ramón, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Méndez Naya, José, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Lasuen Sancho, José Ramón, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Georgantzis, Nikolaos, profesor titular de universidade. Universitat Jaume I Castellón.

Pastor Monsalvez, José Manuel, profesor titular de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Comisión suplente:

Presidente: Faíña Medín, José Andrés, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Ricoy Riego, Carlos, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Toharia Cortes, Luis, catedrático de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

Santillana del Barrio, Ignacio M., profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Labeaga Azcona, José María, profesor titular de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: química analítica.

Praza nº: 00/007.

Comisión titular:

Presidente: Prada Rodríguez, Dario, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: López Mahia, Purificación, profesora titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Sánchez Misiego, Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Estremadura.

Marcos Ruíz, Susana de, profesora titular de universidade. Universidade de Zaragoza.

Santiago y Pérez, José María, profesor titular de universidade. Universidade de Alacante.

Comisión suplente:

Pesidente: Rodríguez Vázquez, José Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Secretario: Muniategui Lorenzo, Soledad, profesora titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Costa Garcia, Agustín, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Barreira Rodríguez, José Ramón, profesor titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Navas Sánchez, M. José, profesora titular de universidade. Universidade de Sevilla.