Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.766

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 7 de agosto de 2000 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Por Orde do 4 de xullo de 2000 (DOG nº 135, do 12 de xullo), anunciouse a convocatoria pública para a provisión dunha praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalaria de Santiago de Compostela.

Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes e cumpridos os trámites previstos no Decreto 178/1994, do 16 de xuño, polo que se desenvolve a estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, esta consellería, en uso das facultades que na dita norma se lle outorgan,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, anunciada por Orde do 4 de xullo de 2000 (DOG nº 135, do 12 de xullo).

Segundo.-Adxudicarlle destino, na praza que se indica, á persoa seleccionada no anexo.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non se estima-la interposición deste recurso poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Posto: director de Recursos Económicos e de Servicios Xerais.

Nome e apelidos: María José López Rebollo.

DNI: 32.800.385.

Titulación académica: titulación superior.