Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.755

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ó comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Consellería de Industria e Comercio, a Confederación de Empresarios de Galicia, as Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, e as entidades financeiras.

Con esta mesma data o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia, as Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, e 15 entidades financeiras, asinaron un convenio co obxecto de establecer unha liña de axudas de apoio financeiro ó comercio retallista, ó abeiro do decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, do Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, de incentivos económicos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999, que modifica a Orde do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas

galegas.

En virtude do exposto e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

En cumprimento do disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto 1/1999, e co obxecto de darlle unha adecuada difusión, faise público o texto do convenio que figura como anexo I e a relación de entidades que o subscribiron que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoció Económica

ANEXO I

CONVENIO DE APOIO FINANCEIRO Ó COMERCIO RETALLISTA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA SUBSCRITO, Ó ABEIRO DO DECRETO DA XUNTA DE GALICIA 309/1995, DO 23 DE NOVEMBRO, MODIFICADO POLO DECRETO 95/1999, DO 8 DE ABRIL, DA ORDE

DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA DO 18 DE ABRIL DE 1996, E DA ORDE DO 21 DE ABRIL DE 1999 QUE A MODIFICA, ENTRE O INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE), A CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO DA XUNTA DE GALICIA, A CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA, AS CÁMARAS DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DA CORUÑA, FERROL, LUGO, OURENSE, PONTEVEDRA, SANTIAGO DE COMPOSTELA, TUI, VIGO E VILAGARCÍA DE AROUSA E A ENTIDADE FINANCEIRA

Considerando que as institucións representadas neste convenio coidan esencial o obxectivo de moderniza-lo comercio retallista tradicional da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á competencia de establecementos de maior dimensión e ás esixencias do consumidor actual, intentando deste xeito mellora-la economía deste colectivo empresarial, potenciando tanto os seus establecementos como a súa calidade, eficiencia e imaxe,

Que o decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 que o desenvolve e as posteriores modificacións de ámbalas dúas normas, prevén a posibilidade de outorgar axudas financeiras consistentes na subsidiación do tipo de xuro de préstamos concertados coas entidades financeiras e destinados ó financiamento de investimentos das empresas galegas. A devandita normativa, en canto non se pronuncie a Comisión Europea acerca da compatibilidade coa normativa comunitaria do novo decreto de incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, axustarase ás directrices tanto horizontais como sectoriais dictadas pola Comisión Europea así como ós límites de intensidade autorizados a Galicia no mapa rexional de axudas de España para o período 2000-2006,

Que, así mesmo, as normas citadas no parágrafo anterior permiten que a instrumentación e convocatoria das ditas axudas se realice a través da subscrición de convenios coas entidades financeiras prestamistas.

É polo que, as partes representadas subscriben o presente convenio de acordo coas seguintes

Cláusulas

Primeira.-Obxecto.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre as partes que o subscriben para a instrumentación dunha vía de financiamento destinada á potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, consistente en subvenciona-lo tipo de xuro dos préstamos concedidos polas entidades financeiras adheridas e que se destinen ó financiamento dos investimentos que realicen os titulares de establecementos comerciais retallistas.

Segunda.-Volume máximo de préstamos que se vai subsidiar.

Para o financiamento dos investimentos subvencionables que se describen na cláusula quinta pre

vese a formalización de préstamos por un importe máximo de 2.000 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros) distribuídos do seguinte xeito: destínanse 400 millóns de pesetas a cada unha das catro provincias galegas e o resto a un fondo común de reserva. No caso de que se esgote a dotación inicial atribuída a unha provincia, cubriranse as operacións correspondentes con cargo ó fondo común e, no caso de que se esgote este, poderán empregarse os fondos atribuídos a outras provincias que non fosen utilizados.

A entidade financeira asinante comprométese a lles ofrecer ós seus clientes a concesión de préstamos nos termos e condicións establecidos neste convenio.

Terceira.-Ámbito territorial e prazo de solicitude.

O ámbito territorial deste convenio será o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes de subvención na entidade financeira iníciase o día seguinte ó da publicación deste convenio no Diario Oficial de Galicia, e remata o día 15 de novembro de 2000. A concesión de axudas estará supeditada á existencia de crédito orzamentario suficiente, procedéndose, no caso de esgotarse este, ó arquivo das solicitudes de axuda mediante resolución administrativa con notificación ó interesado de tal circunstancia.

Cuarta.-Beneficiarios, condicións e estabilidade laboral e actividades subvencionables.

1. Beneficiarios

Poderán acceder ás axudas establecidas neste convenio os titulares de establecementos comerciais retallistas, situados na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a dimensión de Peme sinalada no artigo 3.1º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, modificada polo punto tres do artigo único da orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999.

2. Condicións de estabilidade laboral.

Aquelas solicitudes de financeira para préstamos superiores a 83.450.000 ptas. (ou o seu contravalor en euros) deberán cumpri-las seguintes condicións:

1) Empresas existentes: alomenos o 35% do cadro de persoal da empresa solicitante deberá ter contratos por tempo indefinido.

Igualmente, deberán comprometerse a acadar, unha vez realizados os investimentos, a mesma porcentaxe de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que se deriven do proxecto.

2) Empresas de nova creación: deberán comprometerse a acadar como mínimo o 35% de estabilidade laboral, unha vez executado o proxecto.

No caso de empresas con menos de dez traballadores, a porcentaxe de estabilidade laboral esixida reducirase ó 33%.

O emprego efectivo comprometido ó remata-lo proxecto de investimento deberá manterse durante o prazo de dous anos.

Para os efectos deste convenio enténdese por empresa de nova creación, aquela que iniciase a sua actividade empresarial con posterioridade ó 1 de xaneiro de 1999.

3. Actividades subvencionables.

Son actividades económicas subvencionables aquelas que se relacionan no anexo I e, de acordo co establecido no punto 2º do artigo 7 da Orde do 18 de abril de 1996, tódolos epígrafes relacionados nel son preferentes.

Quinta.-Modalidade e destino das axudas.

A axuda consistirá na subsidiación do tipo de xuro dos préstamos concertados coas entidades financeiras coas que se subscribise o correspondente acordo e que se destinen a financiar proxectos de investimento que desenvolvan os titulares de establecementos comerciais retallistas. Estes investimentos deberán ser realizados dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terán a consideración de investimentos subvencionables aqueles que, cumprindo co disposto neste convenio, sexan adquiridos a terceiros, se realicen ou se realizasen con posterioridade ó 1 de xaneiro de 2000 e que se materialicen en:

* Inmobilizado material novo:

-Adquisición de locais comerciais.

-Obras de reforma en xeral.

-Obras de novo establecemento.

-Reformas estructurais.

-Instalacións básicas.

-Revestimentos, pinturas e acabamentos xerais.

-Equipamento.

-Elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais.

-Mobiliario e informática.

-Melloras decorativas.

-Honorarios de proxecto e decoración.

-Calquera outro investimento que contribúa á mellora das estructuras de comercialización ou desenvolvemento das actividades comerciais.

* Inmobilizado inmaterial, co límite do 25% do total do investimento subvencionable do proxecto.

* Bens usados: unicamente a adquisición de inmobles.

O investimento subvencionable determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

O beneficiario deberá mante-los investimentos obxecto de financiamento durante a vixencia do préstamo subsidiado e destinalos á finalidade declarada na solicitude, agás no caso de que os bens en que se materialice o investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda financeira do Igape.

No caso de transmisión por calquera concepto do negocio ó que está vinculada a axuda financeira concedida e sempre que o adquirente continúe o exercicio das mesmas actividades do transmitente, poderase solicita-lo cambio da titularidade da axuda, debéndose recoller documentalmente o traspaso da totalidade dos dereitos e obrigas comprometidos no proxecto subvencionado. A solicitude de cambio de titularidade e a documentación acreditativa deberá ser enviada a través da entidade financeira ó Igape, que resolverá sobre ela.

Sexta.-Características das operacións de préstamo.

A) Importe dos préstamos e porcentaxes de financiamento.

A contía do investimento subvencionable será como mínimo de 750.000 pesetas (ou o seu contravalor en euros).

O importe do préstamo con dereito a subsidiación será como mínimo de 525.000 pesetas (ou o seu contravalor en euros) e non poderá, para cada beneficiario, ser superior a 500 millóns de ptas. A porcentaxe de financiamento non poderá exceder do 70% do investimento subvencionable. En ningún caso o importe do préstamo superará o importe do investimento subvencionable pendente de pagamento á data de presentación da solicitude no Igape. Se a partir desta data fose necesario efectuar novos pagamentos por importe superior á parte non financiada co préstamo que se vai subsidiar, estes deberán ser feitos seguindo a operativa establecida na cláusula sétima D) deste convenio.

B) Prazos de amortización e vixencia da subsidiación.

O prazo máximo de amortización será, con carácter xeral, de ata 5 anos, incluído como máximo un ano de carencia, excepto para os préstamos que financien, en todo ou en parte, a adquisición de bens inmobles, nos que poderán exceder, sen ningunha restricción, os límites de prazo e carencia establecidos. Non obstante, a subsidiación non excederá os cinco primeiros anos e será calculada como se o préstamo fose a cinco anos incluído un ano, como máximo, de carencia.

As amortizacións serán realizadas polo prestameiro en cotas trimestrais iguais, con vencemento o último día do trimestre natural, debendo recolle-la póliza ou escritura o número de cotas e as datas nas que se producirán a primeira e a derradeira.

O importe das cotas de amortización poderá redondearse en miles de pesetas, acumulando na última a diferencia ata completa-lo total do principal que se vai amortizar.

Consideraranse válidas as formalizacións dos préstamos que, por axusta-la derradeira amortización ó vencemento dun trimestre natural, excedan o cómputo de anos, considerado este de data a data.

C) Tipo de xuro e subsidiación para o beneficiario das operacións de préstamo.

O tipo de xuro nominal dos préstamos acollidos ó presente convenio será fixo do 6,15% durante a súa vixencia. Excepcionalmente, para aquelas operacións de préstamo que teñan un prazo de vixencia superior a 5 anos, de acordo co establecido no primeiro parágrafo da alínea B) anterior, o tipo de xuro que se aplicará a partir do sexto ano será o que libremente pacten as partes.

A subsidiación do tipo de xuro das operacións de préstamo acollidas a estas axudas será de 4,15 puntos para aqueles proxectos que impliquen a creación de emprego neto por conta allea e de 3,15 puntos para o resto dos proxectos.

D) Amortización anticipada.

O beneficiario poderá amortizar anticipadamente total ou parcialmente o préstamo, destinándose o importe anticipado á reducción en igual contía das cotas de amortización restantes, sen que se produza variación no prazo de duración do préstamo. A entidade financeira deberá comunicar puntualmente estas amortizacións anticipadas ó Igape e o novo calendario de amortizacións e, en calquera caso, antes de presenta-la solicitude de cobro da liquidación anual de subvención.

E) Comisións.

A entidade financeira prestamista poderá percibir dunha soa vez unha única comisión máxima, de apertura e por tódolos conceptos, de ata o 1%.

No caso de que a operación de préstamo estea avalada por unha sociedade de garantía recíproca (SGR), que subscriba o convenio, a comisión máxima do 1% sobre os saldos máximos garantidos cada ano será subvencionada polo Igape. A data de inicio do devengo da subvención non poderá ser anterior á data de concesión da axuda.

Sétima.-Tramitación.

A Consellería de Industria e Comercio, a través das súas delegacións provinciais, as cámaras de comercio galegas e a Confederación de Empresarios

de Galicia achegarán o persoal técnico e administrativo necesario para asegura-la difusión deste convenio, e o apoio técnico ós comerciantes no desenvolvemento del. Correspóndelle ó Igape a verificación da solicitude, a reclamación da documentación complementaria, a elaboración da proposta, a comprobación da liquidación e o pagamento dela, segundo o establecido neste convenio.

A) Modelo de solicitude e documentación.

A solicitude que hai que presentar deberase corresponder co impreso oficial normalizado que se incorpora a este convenio como anexo II. O impreso será datado e asinado polo solicitante e dilixenciado pola entidade financeira co selo e a data.

Ademais do impreso de solicitude, presentarase por duplicado a seguinte documentación:

1) Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante:

* Persoas físicas:

-Fotocopia do DNI.

* Persoas xurídicas:

-Fotocopia do CIF.

-Certificación dos administradores ou do secretario do consello de administración, co visto e prace do presidente, na que figure: a data de constitución da sociedade e os datos de inscrición no Rexistro Mercantil (folla, libro, folio, rexistro e sección); a composición actual do consello; o detalle de accionistas con participación superior ó 10%, con indicación do nome ou razón social e porcentaxe de participación; o volume de negocios anual, o importe do balance xeral anual, activo total, e o número de traballadores, correspondentes á data do último exercicio pechado.

-No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas directa ou indirectamente por sociedades en porcentaxe igual ou superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure: o detalle de accionistas con indicación do nome ou razón social e porcentaxe de participación; o volume de negocios anual, o importe do balance xeral anual, activo total, e o número de traballadores, correspondentes á data do último exercicio pechado.

-A documentación relativa á copia da escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no Rexistro Mercantil e a acreditación do poder de representación do asinante da solicitude, estará ó dispor do Igape na entidade financeira durante o prazo legalmente establecido non sendo, polo tanto, necesario xuntala ó expediente de solicitude.

2) Fotocopia do último recibo pago polo imposto de actividades económicas. No caso de empresas de nova constitución ou de empresas en funcionamento que vaian iniciar unha actividade distinta da que veñen desenvolvendo, deberán presentar fotocopia da alta no IAE ou compromiso firme de remitirlle a este instituto fotocopia da alta no imposto, indicando o epígrafe del.

3) Memoria descritiva do investimento proxectado, que deberá conter:

-Indicación expresa de que se trata de investimentos adquiridos a terceiros e realizados ou para realizar a partir do 1 de xaneiro do 2000.

-Localización dos investimentos.

-Orzamento detallado e valorado (excluído o IVE), partida a partida, dos investimentos en inmobilizado material novo, bens usados e en inmobilizado inmaterial, na orde establecida no impreso de solicitude.

-No caso de que parte do investimento estea pago, deberán indicar no detalle anterior que partidas están pagas ou cál é a parte paga de cada unha das partidas (excluído o IVE). Se non estivese paga ningunha delas deberá indicarse expresamente que está na súa totalidade pendente de pagamento.

-Esta memoria deberá estar datada e asinada polo solicitante, debendo quedar unha copia dela no expediente da entidade colaboradora.

4) Documentación relativa ó cadro de traballadores existente no momento da solicitude:

-Fotocopia do último TC1 e TC2.

No caso de que o número de traballadores que figuran nos TC non coincida co número de traballadores no momento da solicitude e que figuran nela, certificación emitida polo solicitante do número de traballadores dados de baixa/alta e aclaración á diferencia sinalada.

-Para aquelas solicitudes de axuda para préstamos superiores a 83.450.000 ptas. (ou ó seu contravalor en euros) presentarán: declaración xurada do número de traballadores á data de solicitude, distinguindo entre fixos y temporais.

5) Nas solicitudes de axuda nas que o proxecto implique a creación de emprego neto por conta allea:

-Declaración xurada do número de postos de traballo que se van crear e compromiso de mante-los postos de traballo creados durante o prazo de dous anos contados desde a data de remate do proxecto.

-Para aquelas solicitudes de axuda para préstamos superiores a 83.450.000 ptas. (ou ó seu contravalor en euros): compromiso de acada-los niveis de estabilidade laboral requiridos na cláusula cuarta punto 2, respecto destas novas contratacións.

6) Declaración xurada do representante legal da empresa doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto, especificando o organismo ó que a solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido. Unha mesma declaración actualizada remitiráselle ó Igape no momento no que o beneficiario xustifique a total realización do proxecto de investimento subvencionado, xunto coa documentación estipulada no último parágrafo da cláusula sétima E).

7) Certificación acreditativa do cumprimento das obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social emitidas polos organismos competentes.

8) Certificación acreditativa de que o beneficiario non ten contraída ningunha débeda coa Xunta de Galicia.

En calquera caso, cantos outros documentos e información adicional se considere oportuna, ó xuízo do Igape, para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

B) Presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse nas entidades financeiras, segundo o modelo oficial xa citado, xunto coa da documentación, por duplicado, que se sinala no epígrafe anterior.

Coa presentación da instancia de solicitude, as empresas que se acollan ás axudas establecidas no presente convenio, apoderan a entidade financeira para a realización ante o Igape de todos aqueles trámites en que así se prevexa. A este respecto, o Igape considerará a actuación da entidade financeira como se fose propia da empresa solicitante.

A entidade financeira datará e selará os cinco exemplares do impreso de solicitude, entregándolle ó solicitante a cuarta copia, quedándose coa terceira copia e remitíndolle ó Igape o orixinal e a primeira copia e á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio, da provincia que corresponda á situación do establecemento comercial obxecto do proxecto, a segunda copia. Así mesmo, a entidade financera deberá centraliza-la recepción das solicitudes unha vez seladas polas súas distintas sucursais, tendo un prazo de 15 días para resolve-la petición do préstamo, sendo o prazo límite para a aceptación de solicitudes na dita entidade o 15 de novembro de 2000.

As entidades financeiras deberán presentar no rexistro xeral do Igape os expedientes coa documentación completa, coa excepción sinalada no último parágrafo da cláusula sétima, alínea A)1), xunto coa da comunicación de concesión do préstamo segundo modelo que se xunta (anexo III) e da concesión do aval da SGR, se é o caso. O último día hábil para a súa presentación será o 30 de novembro de 2000. Aquelas solicitudes presentadas fóra deste

prazo serán obxecto de resolución de arquivo, asumindo a entidade financeira toda a responsabilidade polos prexuízos que iso lle poida supor á empresa solicitante.

A entidade financeira deberá presentar, co obxecto de facilita-la tramitación, unha copia dos expedientes coa documentación completa na delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio correspondente, nos enderezos que se sinalan a seguir:

* Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña:

Edificio Servicios Múltiples. 1ª planta. Polígono de Elviña-Monelos. 15008-A Coruña.

* Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo:

Ronda da Muralla, 70. 23700-Lugo.

* Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense:

R/Curros Enríquez, 1-4º. 32003-Ourense.

* Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra:

Gran Vía, 76-baixo. 36271-Vigo (Pontevedra)

No caso de operacións avaladas por unha SGR, estas poderán tramitar directamente as solicitudes e a documentación, tanto ó Igape como á delegación provincial, sempre que veñan acompañadas da comunicación de concesión do préstamo pola entidade financeira e pola certificación de concesión do aval.

Dentro dos dez días seguintes á recepción das solicitudes, o Igape comunicaralles ós solicitantes a data na que as solicitudes foron recibidas no Igape, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento e os efectos do silencio administrativo.

No caso de non terse presentado coa solicitude, o Igape reclamaralles por fax á entidade financeira e ó interesado por correo certificado con aviso de recibo, aqueles documentos que fosen preceptivos, os cales se deberán presentar no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte ó de recepción da notificación. Finalizado o prazo de emenda sen se ter presentada a documentación preceptiva, dictarase resolución tendo ó solicitante por renunciado os seus dereitos e ordenando o arquivo do expediente.

C) Concesión.

Para realiza-los labores de seguimento do convenio e para propoñer ó Igape a concesión ou denegación da subsidiación, créase unha comisión integrada por dous representantes do Igape e un representante por cada provincia dos seguintes organismos: Delega

ción Provincial da Consellería de Industria e Comercio, Confederación de Empresarios e Cámaras de Comercio desa provincia. Esta comisión funcionará por seccións provinciais sendo en todo caso presididas por un dos representantes do Igape actuando o outro como secretario; as reunións que previamente convoque o seu presidente terán lugar na sede do Igape. Poderán asistir ás reunións, con voz pero sen voto, os técnicos do Igape que elaborasen o informe-proposta que se eleva á comisión.

A comisión de seguimento proporá a concesión ou denegación da axuda. O Igape resolverá e notificaralles ó solicitante, á entidade financeira e, se é o caso, á SGR, a concesión ou denegación da solicitude de subsidiación.

Nos casos de resolucións de concesión, o beneficiario deberá aceptar expresamente a devandita resolución. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución e que será devolta ó Igape debidamente formalizada.

Segundo o artigo 14 da Orde do 18 de abril de 1996, o Igape resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas no prazo máximo de catro meses desde a recepción da solicitude. As solicitudes de axuda que non fosen resoltas no dito prazo poderanse considerar desestimadas.

Contra a resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo máximo dun mes desde o día seguinte ó da notificación.

Os beneficiarios de axudas concedidas ó abeiro do presente convenio con proxectos que superen os 50 millóns de pesetas serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

D) Formalización.

A entidade financeira e o solicitante deberán formaliza-lo préstamo mediante escritura pública ou póliza intervida por corredor de comercio colexiado, de acordo coas seguintes condicións:

A partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e requisitos establecidos nel, a entidade financeira, unha vez presentado o expediente de solicitude no Igape, poderá formaliza-los préstamos cos seus clientes. Para isto, deberá remitir escrito segundo o modelo que se xunta (anexo IV), manifestando a intención de acollerse a esta opción co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este instituto analice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do préstamo que se vai subsidiar. O Igape comunicará mediante fax á entidade financeira a autorización, se é o caso, da devandita formalización. A empresa solicitante requirirá á entidade financeira copia da autorización do Igape antes de proceder á formalización do préstamo.

A autorización da formalización do préstamo antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitada.

No contrato de préstamo así formalizado deberase facer mención, alomenos, dos seguintes extremos: que se presentou solicitude de axuda financeira no Igape, con indicación da data do rexistro de entrada neste instituto; que o Igape autorizou a formalización da operación, indicando a data e as condicións establecidas nela; e que, unha vez dictada a resolución de concesión do Igape, o préstamo quedará acollido ás axudas establecidas no presente convenio e nos termos e condicións sinaladas na resolución de concesión.

No caso de que a resolución de concesión estableza condicións diferentes ás que se indicaban na autorización de formalización, deberán incluír un anexo á poliza de préstamo, intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na resolución.

Se o préstamo se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, deberá recolle-la característica de estar acollido ás axudas previstas neste convenio; figurará na póliza ou escritura o tipo de xuro nominal anual da operación e os puntos de subsidiación concedidos.

O prazo máximo para a formalización ou, se é ocaso, adaptación do préstamo ás condicións da resolución do Igape será de tres meses, contados desde o día seguinte ó da data de notificación da concesión ó interesado. Rematado o dito prazo, dictarase resolución tendo o solicitante por renunciado e ordenando o arquivo do expediente, salvo que, logo de solicitude razoada de prórroga deste presentada no Igape dentro do prazo e acreditando a conformidade da entidade financeira, o Igape autorizase a devandita prórroga.

A entidade financeira remitiralle ó Igape, coa maior brevidade, unha fotocopia da póliza ou escritura de préstamo e, se é o caso, do correspondente anexo, antes de presenta-la primeira certificación de xustificación de investimentos.

E) Disposición e xustificación dos investimentos.

Os beneficiarios das axudas deberán xustificar ante a entidade financeira, á disposición dos fondos da operación subsidiada, a súa aplicación ás finalidades para as que foi concedida.

O período de disposición do préstamo e de realización dos investimentos deberá suxeitarse ós seguintes límites:

Non poderá supera-la data pactada no préstamo para o aboamento da primeira amortización do principal, naqueles préstamos sen carencia ou cunha carencia inferior a un ano.

Non poderá superar un ano desde a formalización do préstamo, naqueles préstamos con un ano de carencia. Excepcionalmente, logo de autorización do Igape por instancia do beneficiario, poderá ampliarse o prazo de disposición do préstamo como máximo ata o límite da data pactada para o aboamento da primeira amortización do principal.

Á formalización do préstamo, ou en todo caso previamente á utilización dos fondos, a entidade financeira requiriralles ós beneficiarios a documentación (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) que acredite a execución do investimento subvencionable, estea xa pago ou pendente de pagamento. A disposición de fondos irá destinada ós pagamentos pendentes do investimento. Non se establece restricción canto ó número de disposicións, así como á contía correspondente a cada unha delas, sempre que o importe, no seu conxunto, non exceda da porcentaxe -préstamo subvencionado/investimento subvencionado-segundo a resolución de concesión.

Unha vez formalizado o préstamo, as disposicións realizaranse a través dunha conta específica na que se reflectirán única e exclusivamente os movementos habidos nela.

A entidade financeira deberá conservar copias cotexadas dos documentos que xustifiquen o investimento total subvencionado, así como dos medios utilizados para o seu pagamento, enviando esta documentación acompañada do extracto da conta específica ó Igape, cando practiquen a primeira e, se é o caso, a segunda xustificación do investimento. Por outra banda, e no momento no que o beneficiario xustifique a total realización do proxecto de investimento subvencionado, a entidade financeira deberá remitir xunto coa documentación anterior, unha declaración de axudas actualizada para o mesmo proxecto nos termos establecidos na cláusula sétima A) 6).

F) Prórrogas para a ampliación dos prazos establecidos no convenio.

A solicitude de prórroga de ampliación dos prazos establecidos neste convenio presentarase no rexistro xeral do Igape cunha antelación mínima de 10 días hábiles antes do vencemento do prazo que se vaia ampliar, co obxecto de que o Igape poida acorda-la súa aprobación ou denegación antes do vencemento do prazo de que se trate.

Oitava.-Liquidación e xustificación.

a) Liquidación de xuros.

A liquidación periódica de xuros, o mesmo que as amortizacións, será realizada trimestralmente pola entidade financeira ó beneficiario, o último día do trimestre natural.

Os trimestres serán sempre de 90 días e tódolos meses de 30 días, computándose estes, para a liquidación, desde a data de disposición, incluída esta.

b) Liquidación da subsidiación e xustificación do proxecto.

O cálculo da subsidiación será realizado por parte da entidade financeira por períodos trimestrais e remitirase ó Igape segundo o procedemento establecido na cláusula novena.

A xustificación do investimento realizarase a través de certificacións de xustificación de investimentos emitidas pola entidade financeira, e poderanse realizar, como máximo, dúas certificacións. A primeira deberá acadar como mínimo o 50% do investimento subvencionable. Se se realiza unha segunda, esta debe ser complementaria da primeira ata a xustificación total do investimento.

Mentres non estean presentadas as certificacións de xustificación de investimentos pola totalidade do investimento, as liquidacións calcularanse sobre o importe do préstamo que corresponda ó investimento xustificado. A partir da xustificación total do investimento as posteriores liquidacións da subsidiación realizaranse sobre o saldo vivo teórico do préstamo.

A entidade financeira esixiralles ós beneficiarios copias cotexadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable, así como os documentos xustificativos do pagamento, que remitirán ó Igape xunto coas devanditas certificacións de xustificación de investimentos.

As certificacións de xustificación de investimentos que serán emitidas pola entidade financeira deberán conter, cando menos, os datos do importe do investimento subvencionable xustificado e a porcentaxe que representa respecto da totalidade do investimento aprobado; a parte do préstamo disposto utilizado para o pagamento do investimento xustificado; a data valor da xustificación do investimento, que se define como a última data de pagamento do investimento xustificado na certificación; indicación de se se trata de primeira, única ou segunda e complementaria. Neste último caso deberán reflectirse os datos sinalados anteriormente, correspondentes á primeira certificación e a data na que esta foi presentada, así como o resumo total do investimento xustificado e o importe disposto do préstamo e as porcentaxes correspondentes entre investimento xustificado e préstamo disposto.

No caso de que na única ou última certificación de xustificación de investimento non se atinxa o 100% do investimento subvencionable aprobado na resolución, a entidade financeira deberá xuntar unha solicitude de modificación da resolución asinada polo empresario para adaptala ó proxecto realizado e xustificado.

Para o cálculo da subsidiación tomarase como data inicial a data valor de xustificación de investimentos que figura na certificación de xustificación de investimentos emitida pola entidade financeira e os puntos subsidiados aplicaranse ó importe do préstamo dis

posto que corresponda ó investimento xustificado, de acordo coa ratio -préstamo subsidiado/investimento aprobado-determinado na resolución de concesión; unha vez xustificada a totalidade do investimento, as posteriores liquidacións de subsidiación realizaranse sobre o saldo vivo teórico do préstamo.

No caso de que o préstamo fose formalizado con anterioridade á concesión, conforme o disposto no segundo parágrafo, alínea D) da cláusula sétima anterior, a data valor da certificación de investimento non poderá ser anterior á data da resolución.

Os trimestres serán sempre de 90 días e os meses de 30 días.

O prazo máximo para as entidades financeiras remitiren as certificacións de xustificación dos investimentos será de 4 meses, contados a partir da data de terminación do período de disposición, podendo o Igape conceder prórroga por solicitude razoada do empresario, tramitada a través da entidade financeira.

Para aqueles proxectos de investimento que impliquen a creación de emprego neto por conta allea, e unha vez xustificada a realización do investimento, o Igape reclamaralle ó beneficiario a documentación acreditativa da condición de creación de emprego. Naqueles expedientes suxeitos ó cumprimento da condición a que se refire a cláusula cuarta punto 2, o Igape, igualmente, reclamará a documentación acreditativa de que se atinxiron os niveis de estabilidade laboral esixidos.

Novena.-Pagamento da subsidiación.

O pagamento da subsidiación ós beneficiarios realizarase anualmente a través da entidade financeira, agás o disposto no punto 1º do parágrafo terceiro desta cláusula.

As entidades financeiras solicitaranlle ó Igape, dentro dos 15 primeiros días de cada ano, o pagamento da subvención correspondente ó exercicio inmediatamente anterior. Xuntaranlle á devandita solicitude as liquidacións trimestrais en formato de listaxes ou relacións individualizadas dos préstamos ordenados alfabeticamente onde figuren: o capital vivo teórico á data de inicio do trimestre que se liquida; as variacións no capital vivo que se producisen ó longo do trimestre e a data na que se produciron e, naqueles préstamos nos que se presentase nese trimestre certificación de xustificación de investimentos, o importe do préstamo disposto con dereito a subvención e a data valor; o tipo de xuro; os puntos obxecto de subsidiación e o importe da subvención que corresponde, certificando a autenticidade deses datos.

As liquidacións trimestrais presentaranse en tres grupos diferenciados de préstamos:

1º Trimestralmente cada entidade financeira realizará unha liquidación da subsidiación daqueles

préstamos dos que a súa última amortización venza nese trimestre natural. O período de liquidación da subvención para cada préstamo abarcará desde o 1 de xaneiro do exercicio que se está liquidando ata a data do vencemento do préstamo, incluída esta. A entidade financeira solicitará o cobramento desta liquidación trimestral dentro dos 15 primeiros días do trimestre natural seguinte ó que se liquida.

2º Para aqueles préstamos excepcionais establecidos na alínea B) da cláusula sexta, formalizados a máis de 5 anos, presentarase liquidación individualizada de cada un deles.

3º A liquidación da subvención do resto dos préstamos efectuarase do xeito xeral descrito no segundo parágrafo desta cláusula.

As liquidacións practicadas serán á conta e provisionais, mentres o Igape non realice a oportuna comprobación, que poderá efectuarse durante o período de vixencia do préstamo. Nos casos de erros nas liquidacións de subsidiación, o Igape procederá á súa corrección, podendo compensa-las cantidades indebidamente aboadas coas posteriores liquidacións de subsidiación.

Con independencia do sistema de pagamento da subsidiación establecida con anterioridade e unha vez verificado por este instituto o cumprimento das finalidades para as que foi concedida a subsidiación, o Igape reserva para si a facultade de pagar anticipadamente a subsidiación. O importe da liquidación anticipada destinarase á amortización do principal do préstamo. A entidade financeira aboaralle a subsidiación ó beneficario na mesma data valor na que o Igape lle ingrese a cantidade, non podendo cobrar comisión por amortización anticipada. A entidade financeira deberá remitirlle ó Igape no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó aboamento da subsidiación o extracto da conta do préstamo en que figure o capital amortizado.

O importe da liquidación anticipada da subvención será o valor actualizado ó tipo de xuro legal do diñeiro das cantidades que se devengarían en concepto de subvención durante o período non vencido.

Décima.-Verificación e control dos investimentos.

De acordo co sinalado no artigo 17 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas, poderanse efectua-las inspeccións ou comprobacións que se consideren oportunas, debendo os beneficiarios facilitar ó máximo o devandito labor inspector e achega-la documentación ou información que lles sexa solicitada. Para a súa realización, o Igape solicitará a oportuna asistencia técnica das delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio.

Décimo primeira.-Perda da subvención.

Serán causas de perda da subvención, con obriga de devolución do percibido e o pagamento dos xuros de mora correspondentes, o incumprimento das condicións ou obrigas establecidas no presente convenio, no decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, e na orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e demais lexislación concordante.

Décimo segunda.-Interpretación.

Correspóndelle ó Igape a interpretación do convenio en relación cos solicitantes das axudas nel recollidas, sendo os acordos inmediatamente executivos. Contra eles procederá recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Facenda.

Décimo terceira.-Responsabilidade subsidiaria.

A entidade financeira que asina o presente convenio comprométese a responder subsidiariamente co beneficiario da devolución e pagamento do importe das subvencións indebidamente percibidas, cando se cumpran os seguintes supostos:

a) Cando por neglixencia grave ou dolo da entidade financeira que asina este convenio se permitira dispoñer indebidamente dos fondos da conta restrinxida do préstamo, sen presentación por parte dos beneficiarios dos correspondentes xustificantes, ou ben estes se refiran de xeito claro e manifesto a bens substancialmente distintos ós incluídos no proxecto de investimento.

b) Que do uso indebido da conta se derivase un emprego de fondos distinto das finalidades previstas nestas axudas ás pequenas e medianas empresas, e iso dese lugar a unha resolución administrativa firme de obriga da devolución das subvencións indebidamente percibidas.

Non se considerarán nos supostos anteriores os simples erros materiais ou aritméticos nos que non interveña culpa nin dolo.

Décimo cuarta.-Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa vixencia será a das operacións formalizadas ó abeiro del.

Decimoquinta.-Normativa subsidiaria.

En todo o non previsto nas presentes cláusulas, rexerán para a súa aplicación as previsións contidas na orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e as súas posteriores modificacións.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

Polo Igape, José Antonio Orza Fernández. Pola Consellería de Industria e Comercio, Juan Rodríguez Yuste. Pola Confederación de Empresarios de Galicia, José Luis Fernández Núñez. Polas Cámaras de Comercio Galegas, Francisco Cruz Senra

Pola entidade financeira

***********

Asdo.:

DNI:

ANEXO I

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

Consellería de Industria e Comercio-Dirección Xeral de Comercio e Consumo

C.N.A.E.ActividadeObservacións

50.302Comercio polo miúdo de repostos e accesorios de vehículos de motor

52.11Comercio polo miúdo, con predominio de alimentos, bebidas e tabaco en establecementos non especializados

52.12Comercio polo miúdo de outros productos en establecementos non especializados

52.21Comercio polo miúdo de froitas e verduras

52.22Comercio polo miúdo de carne e productos cárnicos

52.23Comercio polo miúdo de peixes e mariscos

52.24Comercio polo miúdo de pan e productos de panadería, confeitería e pastelería

52.25Comercio polo miúdo de bebidas

52.27Outro comercio polo miúdo en establecementos especializados en alimentación

52.31Comercio polo miúdo de productos farmacéuticos.

52.32Comercio polo miúdo de artigos médicos e ortopédicos

52.33Comercio polo miúdo de cosméticos e artigos de toucador

52.41Comercio polo miúdo de téxtiles

52.42Comercio polo miúdo de roupa de vestir

52.43Comercio polo miúdo de calzado e artigos de coiro

52.44Comercio polo miúdo de mobles; aparellos de iluminación e outros artigos para o fogar

52.45Comercio polo miúdo de electrodomésticos, aparellos de radio, televisión e son

52.46Comercio polo miúdo de ferretería, pinturas e vidro

52.47Comercio polo miúdo de libros, xornais e papelería

52.48Outro comercio polo miúdo en establecementos especializadosAgás 52.486 e 52.487

ANEXO III

MODELO DE COMUNICACIÓN DE CONCESIÓN DE PRÉSTAMO

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

Rfa: Convenio para a potenciación do comercio retallista-2000

Complexo Administrativo San Lázaro

15703 Santiago de Compostela

Estimados señores:

Estudiada a solicitude de préstamo presentada nesta entidade financeira, acollida ós beneficios regulados polo decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, modificado polo Decreto 95/1999, do 8 de abril, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e a Orde do 21 de abril de 1999 que a modifica, e acollida ó convenio de colaboración arriba referenciado, comunicámoslles que foi concedido o préstamo coas características que a seguir se detallan:

Beneficiario:

Nº expediente:

Data de solicitude na entidade financeira:

Oficina:

Importe:

Prazo de vixencia:

Período de carencia:

Tipo de xuro fixo:

Amortización:

Garantías:

Xuntamos orixinal e 1ª copia do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto. Así mesmo, comunicamos que con esta mesma data remitímo-la 2ª copia da solicitude e unha copia da documentación esixida á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de ...

Data e sinatura,

ANEXO IV

MODELO DE SOLICITUDE DE FORMALIZACIÓN PREVIA

Á RESOLUCIÓN

En relación coa solicitude de axuda financeira formulada pola empresa ... , nº. expt. ... ,

* presentada no Igape na data .../.../..., rexistro de entrada nº ...

ou

* que se presenta na data de hoxe,

de acordo co estipulado na cláusula sétima D) do convenio de apoio ó comercio retallista para ano 2000, comunícase a intención de formaliza-la devandita operación previamente á resolución de concesión de subsidiación por parte dese instituto e respectando, en todo caso, as condicións e requisitos establecidos no convenio, tanto á hora da formalización, como na posterior disposición do préstamo e xustificación dos investimentos.

Así mesmo, comunícase que, de acordo co establecido na mencionada cláusula, a operación non se formalizará mentres non se reciba a preceptiva autorización do Igape.

Data, sinatura e selo da entidade financeira.

Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO II

RELACIÓN DE ENTIDADES FINANCEIRAS COLABORADORAS

Caixas:

Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra

Caixa Galicia

La Caixa

Bancos:

Banco Bilbao Vizcaya Argentaria

Banco Santander Central Hispano

Banco Español de Crédito

Banco Etcheverría

Banco de Galicia

Banco Gallego

Banco Herrero

Banco Pastor

Banco Popular

Banco Simeón

SGR:

Afigal

Sogarpo