Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.746

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xullo de 2000, polo que se aproba a relación de postos de traballo dos servicios veterinarios oficiais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

O DOG nº 243, do 15 de decembro de 1992 publicou a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 18 de novembro de 1992, pola que se aprobaron as relacións de postos de traballo do persoal que presta os servicios veterinarios oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O DOG nº 4, do 7 de xaneiro de 1994 publicou a Orde do 3 de decembro de 1993, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda pola que se modificou a RPT do persoal que presta os servicios veterinarios oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O DOG nº 116, do 17 de xuño de 1994 publicou a Orde do 6 de xuño de 1994, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e Economía e Facenda, que modificou a RPT do persoal que presta servicios veterinarios oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma galega.

Se ben posteriormente, e no que se refire ós servicios veterinarios oficiais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, publicáronse novas RPT nos DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995 e nº 168, do 2 de novembro de 1997, a sentencia 85/1998, do 4 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anulou e deixou sen efecto a modificación da RPT aprobada pola Orde do 6 de xuño de 1994, ordenando a convocatoria dun concurso de traslados de acordo coa RPT inicial publicada por Resolución do 18 de novembro de 1992, modificada pola Orde do 3 de decembro de 1993.

O Decreto 293/1998, do 26 de outubro (DOG nº 215, do 5 de novembro) procedeu á execución da citada sentencia ordenando a convocatoria do concurso de traslados.

Unha vez resolto este, e dado que a RPT de 1992 non recolle as necesidades actuais, a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria propón a súa modificación.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de xullo de dous mil, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aproba-la relación de postos de traballo dos servicios veterinarios oficiais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceira.-Deixar sen efecto a relación de postos de traballo dos servicios veterinarios oficiais, publicada por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 18 de novembro de 1992 (DOG nº 243, do 15 de decembro), modificada pola Orde do 3 de decembro de 1993, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e Economía e Facenda (DOG nº 4, do 7 de xaneiro de 1994) no que se refire ós postos de provisión por concurso da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinteún de xullo de dous mil, relativo á relación de postos de traballo dos servicios veterinarios oficiais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ÁMBITO TERRITORIAL DOS POSTOS DE TRABALLO DOS SERVICIOS VETERINARIOS OFICIAIS DE SANIDADE E PRODUCCIÓN ANIMAL

Provincia: A Coruña.

ÁreasComarcasConcellos

Ferrol-BetanzosBetanzosBetanzos, Cesuras, Coirós, Irixoa, Oza dos Ríos, Paderne, Curtis, Aranga, Vilasantar, Miño, Vilarmaior.

Ferrol

Ferrol, Narón, Neda, San Sadurniño, Valdoviño, Fene, Ares, Mugardos, Cedeira, Moeche, As Somozas.

As PontesA Capela, As Pontes de García Rodríguez.

PontedeumeCabanas, Monfero, Pontedeume.

OrtegalCariño, Cerdido, Mañón, Ortigueira.

Arzúa Arzúa Arzúa, Boimorto, O Pino, Touro.

Terra de MelideMelide, Santiso, Sobrado, Toques.

OrdesCerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo.

CarballoBergantiñosCarballo, Coristanco, Laracha, Malpica de Bergantiños, Ponteceso.

Terra de SoneiraCabana de Bergantiños, Camariñas, Laxe, Vimianzo, Zas.

FisterraCee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía.

A CoruñaArteixo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros, Abegondo, Bergondo, Sada.

NoiaSantiagoSantiago de Compostela, Boqueixón, Val do Dubra, Vedra, Teo, Brión, Ames.

NoiaLousame, Noia, Outes, Porto do Son.

O Sar-BarbanzaPadrón, Dodro, Rois, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro, Ribeira.

Xallas-MurosSanta Comba, Mazaricos, Muros, Carnota.

A BarcalaNegreira, A Baña.

Provincia: Lugo.

ÁreasComarcasConcellos

LugoLugoLugo, Guntín, Castroverde, O Corgo, Friol, Outeiro de Rei.

A UlloaMonterroso, Antas de Ulla, Palas de Rei, Portomarín.

SarriaO Incio, Láncara, Samos, Sarria, O Páramo, Paradela, Triacastela.

BecerreáOs AncaresBaralla, Becerreá, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Cervantes,

Navia de Suarna.

ÁreasComarcasConcellos

A FonsagradaA Fonsagrada, Baleira, Negueira de Muñiz.

MonforteTerra de Lemos-QuirogaMonforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Sober, Folgoso do Courel, Quiroga,

Ribas de Sil, Bóveda, Pantón.

ChantadaChantada, Carballedo, Taboada, O Saviñao.

MondoñedoA Mariña CentralAlfoz, Burela, Foz, O Valadouro, Lourenzá, Mondoñedo.

A Mariña OrientalBarreiros, Ribadeo, Trabada.

A Mariña OccidentalCervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove.

VilalbaTerra CháCastro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Begonte, Guitiriz, Rábade, Vilalba, Xermade, Muras, Abadín.

MeiraMeira, A Pontenova, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto.

Provincia: Ourense.

ÁreasComarcasConcellos

OurenseOurenseAmoeiro, Barbadás, Coles, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín, Esgos, Taboadela.

O RibeiroArnoia, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Avión, Rivadavia.

O CarballiñoBeariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea.

Terra de CelanovaA Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Quintela de Leirado, Ramirás, Verea, Padrenda, Pontedeva.

Baixa LimiaBande, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños.

TrivesTerra de CaldelasMontederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas.

Viana-A GudiñaA Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, O Bolo, A Veiga.

Terra de TrivesChandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives, San Xoán de Río.

ValdeorrasO Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras.

VerínVerínCastrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín, Riós, Vilardevós.

A LimiaBaltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, Calvos de Randín, Vilar de Barrio.

AllarizAllariz, Xunqueira de Ambía.

MacedaBaños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Espadanedo.

Provincia: Pontevedra.

ÁreasComarcasConcellos

LalínTabeirós-Terra de MontesA Estrada, Cerdedo, Forcarei.

DezaAgolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces.

O PorriñoA ParadantaArbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente.

O CondadoMondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño.

Vigo-O Baixo MiñoFornelos de Montes, Pazos de Borbén, Salceda de Caselas, Soutomaior, Redondela, Baiona, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Vigo, A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui.

PontevedraCaldasCaldas de Reis, Campolameiro, Cuntis, Moraña, Portas, Pontecesures, Valga, Catoira.

O SalnésCambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa.

Pontevedra-O MorrazoA Lama, Ponte Caldelas, Bueu, Cangas, Cotobade, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Barro, Vilaboa.