Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2000 pola que se anuncia a construcción das obras relativas ó proxecto de escola infantil de Conxo.

Obxecto do contrato: é a realización das obras incluídas no proxecto de execución de escola infantil de Conxo, de acordo co proxecto elaborado por Alfonso Penela Fernández.

Tipo de licitación: 107.374.407 ptas. (645.333,18 euros) IVE incluído.

Clasificación do contratista.

Para a execución das obras esíxese a seguinte clasificación:

Grupo C, subgrupo 2, categoría e.

Grupo C, subgrupo 3, categoría e.

Prazo de execución: 12 meses ontados desde a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Procedemento e forma de adxudicación: o contrato adxudicarase por concurso por procedemento aberto.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela dentro do prazo de 26 días naturais, que comezarán a contarse desde o día seguinte ó da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15 do prego de cláusulas económico-administrativas.

Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Documentación: Copy Nova, rúa Nova nº 12, local 4. Teléfono: 981 59 23 93. Santiago de Compostela.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, do quinto día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

Don/a..... con domicilio en..... rúa..... nº..... teléfono..... con DNI (ou psasporte ou documento que os substitúa) nº..... actuando en nome propio (ou en representación de..... DNI ou CIF nº..... e domicilio en.....) participa no concurso por procedemento aberto para a adxudicación....., e para estes efectos fai constar:

a) Que ofrece o prezo de..... (en letras e números) ptas. IVE incluído.

b) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

c) Que presenta a documentación esixida no prego de condicións.

En..... a..... de..... de 2000.

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó anuncio de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Tenente alcalde