Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARRO

ANUNCIO de contratación de consultoría e asistencia para redacción da modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

1. No DOG número 111, de data 8 de xuño de 2000, publicouse anuncio de contratación por concurso con procedemento aberto para a adxudicación de contrato de consultoría e asistencia para a redacción da modificación do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Barro.

2. Formuladas alegacións ó prego de cláusulas económico-administrativas, suspendeuse o prazo para a achega de plicas.

3. En sesión do pleno do concello de data 3-7-2000, acordouse:

a) Resolve-las alegacións formuladas.

b) Reabri-lo prazo para a presentación de plicas.

b) Manter sen modificacións os pregos aprobados en sesión do pleno de data 9-5-2000.

4. Proposicións e documentación:

a) Prazo: ábrese un prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicaión deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os restantes epígrafes son os contidos nos anuncios que saíron publicados no BOP número 100, do 26-5-2000 e no DOG número 111, do 8 de xuño de 2000, quedando sen efecto unicamente o punto 12 destes anuncios.

Barro, 6 de xullo de 2000.

José Antonio Landín Eirín

Alcalde