Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2000 pola que se anuncia a xestión do servicio urbano de transporte colectivo de superficie da cidade de Santiago de Compostela

Obxecto do contrato: a xestión interesada do servicio de transporte colectivo urbano de viaxeiros en Santiago de Compostela.

Financiamento do servicio:

O Concello de Santiago de Compostela aboará, anualmente, unha compensación, con carácter de continuación básica, correspondente á diferencia entre os custos e os ingresos totais pola prestación do servicio, que se corrixirá en función dos resultados do servicio mediante as variacións da compensación por xestión.

Os concursantes comprometerán o prezo certo para a vixencia do contrato por quilómetro útil de operación do servicio básico. Así mesmo, fixarán un prezo por quilómetro complementario, de acordo co sinalado no artigo 34.2º do prego de condicións.

As tarifas vixentes para o ano 2001 son as indicadas no anexo IX do prego de condicións.

Prazo de explotación do servicio:

O contrato terá unha duración de 8 anos, prorrogables ata un máximo de 15.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Publicidade da licitación: a licitación anunciarase no BOE, DOG e BOP.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de 40 días naturais que comezará a contarse e se entenderá aberto desde ó día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Variantes: admitiranse solucións variantes nos termos do artigo 13.4.4.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Telf.: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15 do prego de condicións.

Garantías: Provisional: 12.000.000 de ptas. (72.121,45 euros). Definitiva: 50.000.000 de ptas. (300.506,05 euros).

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D/Dª..... con domicilio na rúa..... núm. ..... de..... e DNI núm. ....., en plena posesión da capacidade xurídica e de obrar, tomo parte en nome propio (ou en representación de.....) na licitación do concurso para a adxudicación, en réxime de xestión interesada, do servicio urbano de transporte colectivo de superficie de Santiago de Compostela e, xa que logo, fai constar que:

a) Ofrece os seguintes prezos (indicar en letra e número):..... pesetas/km útil básico .... pesetas/km complementario.

b) Coñece e acepta tódalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

c) Achega a documentación esixida no prego de condicións.

....., ..... de ..... de 2000.

O/A licitador/a

Neste contrato enténdese que os contratistas, ó formularen as súas propostas económicas, incluíron o importe do IVE.

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Teniente alcalde