Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula o instructor do expediente sancionador E.N. 3/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, á persoa que no anexo se mencionan, a proposta de resolución dictada pola instructora nos expedientes que por infracción da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, estanse a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio

da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 5 de xullo de 2000.

José Luis Díez Yañez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N. 3/2000.

Denunciado: Manuel López Rodríguez Baro.

Último domicilio coñecido: Formiga 21, Chapela, Redondela.

Feito denunciado: empregar procedementos masivos e non selectivos para a captura de frinxílidos, empre

gando como reclamo un canario. Feitos denunciados ás 12 horas do día 30 de xaneiro de 2000, nas inmediacións do campo de fútbol, en Bandeira, concello de Silleda.

Precepto infrinxido: artigo 38.8º da Lei 4/1989 de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación co anexo III do Decreto 1095/1989 polo que se declaran as especies obxecto da caza e se establecen as normas para a súa protección.

Precepto sancionador: artigo 38.8º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación co anexo III do Decreto 1095/1989, polo que se declaran as especies obxecto de caza e se establecen as normas para a súa protección.

Sanción: 50.000 ptas. pagadoiras conxuntamente e solidariamente co outro denunciado do expediente en 3/2000.