Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores E.N. 20 e 22/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación dos expedientes sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mª Asunción Buceta Canay.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquer momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, aportar documentos ou aporta-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que, de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 5 de xullo de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N. 20/2000.

Denunciado: Andrés Carlos Reboreda Rivera.

Última domicilio coñecido: Canceleiro nº 11, Vigo.

Feito denunciado: circular cun vehículo por zona prohibida alterando as condicións dun espacio natural protexido. Feitos denunciados ás 15.45 horas do día 14 de maio de 2000, en Barra, O Hío, concello de Cangas.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e flora e fauna silvestres en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisonalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Sanción: 50.000 ptas.

Expediente: E.N. 22/2000.

Denunciado: Palimra Acuña Comesaña.

Último domicilio coñecido: Eduardo Vicenti 11, 2º A, Bueu.

Feito denunciado: construcción dunha beirarrúa-soleira bordeando a casa nº 11 da Illa de Ons, cunhas dimensións aproximadas de 30 m en pedra do país e rematada e asentada con morteiro. Feitos denunciados o día 22 de maio do ano 2000, na Illa de Ons, concello de Bueu.

Precepto infrinxido: artigo 38.12º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación co artigo 7 da mesma Lei e co Decreto 274/1999, do 21 de outubro, polo que se aproba o Plan de ordenación do recursos naturais das illas atlánticas e co Decreto 82/1989, do 11 de marzo, polo que se regula a figura de espacio natural en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: artigo 38.12º da Lei 4/ 1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación co artigo 7 da mesma Lei e co Decreto 274/1999, do 21 de outubro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais das illas atlánticas e co Decreto 82/1989, do 11 de marzo, polo que se regula a figura de espacio natural en réxime de protección xeral.

Sanción: 25.000 ptas.