Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/64-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., subestación-San Sebastián.

Situación: Xinzo de Limia.

Características técnicas: liña soterrada a 20 kV, en conductor R.H.Z. 12/20 kV, de 500 m de lonxitude, máis 2 m aérea con conductor LA-110 no entronque coa L.M.T. aérea ó C.T. cerámica, e remata no C.T. San Sebastián.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 30 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense