Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/74-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Áridos de Tosende, S.L.

Domicilio social: Tosende, 32632 Baltar.

Denominación: L.M.T., C.T., para canteira Áridos de Tosende, S.L.

Situación: Baltar.

Descricións técnicas: liña aérea-soterrada a 20 kV, de 92 m de lonxitude; 80 m aérea en conductor LA-30 máis 12 m soterrada en conductor R.H.V.-12/20 kV, derivada da L.M.T. a Tosende-Meaus de U. Fenosa, S.A., e remata no C.T. en caseta con 800 kVA, R/T 20.000/380-220 V situado na canteira de Áridos de Tosende.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de xullo de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense