Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 137/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese á información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

As liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56:

-de 2.491 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta o C.T. Vilouriz (expediente 34974) e final no C.T. San Xulián, que se vai instalar.

-de 417 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimentará o C.T. San Xulián e final en C.T. Mangüeiro que se vai instalar.

Centros de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións 20/0,380-0,220 kV en San Xulián e Mangüeiro, dos que parten redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 605 m e 10 m de lonxitude, respectivamente, que se conectarán a redes existentes, coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministracións da zona de San Xulián e Mangüeiro. No termo municipal de Toques. (Expediente 137/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15701 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 29 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 137/2000. Provincia: A Coruña.

L.M.T. C.T. R.B.T. San Xulián.Termo municipal: Toques.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

79FervencedoMonte altoLuis Quintela VázquezSan Xulián

Pquia. San Xulián, 1

15806 Toques

1121903.040