Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se convoca para o levantamento de actas previas á ocupación ós titulares dos predios afectados pola construcción do proxecto de revisión número 2 da conexión ó centro de mantemento, operación e control do polígono industrial O Campiño.

Na data 13 de xuño de 2000, a Dirección Xeral de Industria de la Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia autorizou as instalacións do proxecto de revisión nº 2 da conexión ó centro de mantemento, operación e control, polígono industrial O Campiño, que discorre polo termo municipal de Pontevedra, declarada a utilidade pública e urxente ocupación de conformidade co disposto no artigo 103 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, procede a iniciación do expediente expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, acordou convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezan na casa do concello onde radi

can os predios afectados, como punto de reunión para, con independencia de desprazárense posteriormente ó terreo e de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedera, ó das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade mailo último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno.

Para o levantamento das actas os afectados debera comparecer nos seus terreos o vindeiro 1 de setembro de 2000. O levantamento das actas previas sobre o terreo levarase a cabo a partir das 10 horas do mesmo día.

Para tal efecto a cada interesado remitiráselle unha citación por correo certificado con aviso de recepción, sinalándolle a data en que deberá de concurrer e igualmente publicarase no taboleiro de anuncios do concello a relación de afectados, con indicación da data sinalada a cada un deles.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación do presente acordo ós titulares descoñecidos e mais a aqueles con domicilio descoñecido dos predios que se describen no anexo.

No expediente expropiatorio, Gas Natural SDG, S.A., asumirá a condición de beneficiaria, coas obrigas e dereitos establecidos nos artigos 2.2º da Lei de expropiación forzosa e 5 do seu regulamento.

Pontevedra, 7 de xullo de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Convocatoria actas previas á ocupación

Proxecto: revisión nº 2 da conexión ó centro de mantemento, operación e control. Polígono industrial O Campiño.

Termo municipal: Pontevedra.

Predio nºTitular e enderezoCitación

DíaMesHora

PO-PO-1400Comunidade de Montes de Marcón, Pte. Manuel Mariño Reguera. Pazos-Marcón, 36158, Pontevedra1Setembro9.30

PO-PO-1402Comunidade de Montes de Marcón, Pte. Manuel Mariño Reguera. Pazos-Marcón, 36158, Pontevedra1Setembro9.30

PO-PO-1403Amalia Lorenzo Villaverde. Hermida, 31, Marcón, 36158, Pontevedra1Setembro9.30

PO-PO-1404Benito Baltasar Sieiro. Zubiarre, 18-1º Esq. I. 48260, Ermua-Biscaia1Setembro9.30

PO-PO-1405Aurelia Villaverde González. Pintos, 48. Marcón, 36158, Pontevedra1Setembro9.30

PO-PO-1406Benito Baltasar Sieiro. Zubiarre, 18-1º Esq. 48260, Ermua-Biscaia1Setembro9.30

PO-PO-1407Manuel Lorenzo Villaverde, r/ Eduardo Pondal, 37-5º A, 36003, Pontevedra1Setembro9.30

PO-PO-1408Comunidade de Montes de Marcón, Pte. Manuel Mariño Reguera, Pazos-Marcón, 36158, Pontevedra1Setembro9.30

PO-PO-1409Descoñecido1Setembro9.30

PO-PO-1410Amelia Pérez Lusquiños. Hermida-Marcón, 36158, Pontevedra1Setembro9.30

Convocatoria actas previas á ocupación

Proxecto: revisión nº 2 da conexión ó centro de mantemento, operación e control. Polígono industrial O Campiño.

Instalacións auxiliares - abreviaturas utilizadas: PO=posición.

Termo municipal: Pontevedra.

Predio nºTitular e enderezoCitación

DíaMesHora

PO-PO-1400-POComunidade de Montes de Marcón, Pte. Manuel Mariño Reguera. Pazos-Marcón, 36158, Pontevedra1Setembro9.30