Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 04 de agosto de 2000 Páx. 11.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO de corrección de erros do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria de data 29 de xuño de 2000, por unanimidade dos doce membros presente, acordou aprobar e facer unha corrección de erros do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Meaño, aprobado polo Pleno da Corporación en sesión de data 28 de decembro de 1999 e publicado no BOP con data 17 de xaneiro de 2000 e no DOG de data 7 de febreiro de 2000; consistente en :

a) Substituí-lo último parágrafo contido na páxina 173 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Meaño, que fai referencia ó capítulo 11.-Ordenanzas reguladoras de los núcleos rurais (11.1 Ordenanza de solo de núcleo rural). Epígrafe 3.-Parámetros da edificación, onde di: «autorízase semisotos, sempre que queden incluídos na altura máxima permitida e completando edificabilidade. Os usos autorizados nestes locais serán os complementarios da vivenda» debe dicir: «autorízanse semisotos que queden incluídos na altura máxima permitida, non computando edificabilidade. Os usos autorizados nestes locais serán os complementarios da vivenda».

b) Substituír o parágrafo da páxina 174 no referente á altura máxima de cume, onde di: «A pendente máxima de cuberta non superará los 30º, cunha altura máxima de cume de 3,60 m» polo texto que segue, que debe dicir: «A pendente máxima de cubierta no superará los 30º, cunha altura máxima de cume de 3,50 m».

Con este acordo remata a vía administrativa, polo que poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o Pleno da Corporación no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da última publicación (DOG ou BOP), ou poderá ser impugnado directamente mediante interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde o día seguinte o da última publicación. No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o de reposición; en tal caso, o prazo para interpoñer recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifica a resolución expresa ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. Neste último caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses, ó abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26

de novembro, en concordancia cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se coide conveniente.

Meaño, 30 de xuño de 2000.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde