Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 04 de agosto de 2000 Páx. 11.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno actuando por delegación do 8-7-1999, acordou en sesión do 15 de xuño de 2000, aprobar inicialmente o proxecto de urbanización promovido por Promociones Inmobiliarias Premier Betanzos, S.L., referido á unidade de execución UEI-1, sita na Cruz Verde, exponse ó público por espacio dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para que calquera persoa poida formula-las alegacións que se consideren procedentes.

O expediente de referencia queda de manifesto, durante o prazo sinalado, no Servicio de Urbanismo deste concello-edificio Liceo.

Betanzos, 28 de xuño de 2000.

Antonio Lagares Pérez

Delegado de Urbanismo