Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 04 de agosto de 2000 Páx. 11.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 3 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 229/2000-I relacionado no anexo e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinala a seguir, a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 12 de decembro de 1997 (DOG do 2 de xaneiro de 1998) da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a

prevención de incendios forestais durante o ano 1998, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o conselleiro de Medio Ambiente Natural de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.

Ourense, 3 de xullo de 2000.

Miriam Areal López

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 229/2000-I.

Denunciado: Disprocom (Distribuidora de productos conxelados).

DNI: identificación fiscal B32212128.

Último domicilio coñecido: Outeiro-Bóveda. Amoeiro.

Feitos probados: queima de residuos sen autorización. Cartóns de embalaxe, etc.

Precepto infrinxido e sancionador: artículo 138 c) do Regulamento do 23 de decembro de 1972 en relación coa Resolución do 12 de decembro de 1997 (DOG do 2 de xaneiro de 1998) da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Sanción: 51.000 ptas.