Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 04 de agosto de 2000 Páx. 11.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 3 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador 230/2000-I relacionado no anexo e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 21 de decembro de 1998 (DOG nº 1, do 4 xaneiro de 1999) da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 1999, por non ser posible a súa notificación polo servicio de correos.

Considerando que a resolución dictada polo conselleiro de Medio Ambiente no expediente OU-57/1999-incendios, seguido por estes mesmos feitos que declaraba a caducidade do procedemento sen prexuízo da procedencia de incoar un novo expediente polos mesmos feitos, ó non ter transcorrido o prazo establecido para a prescrición da infracción tal e como determina o artigo 132 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Noméase instructora dos expedientes a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

O expediente tramitarase coa referencia 230/2000-I, incorporando a el os documentos que constan no expediente 57/99-I, na súa integridade.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que, no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó expedientado, producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes das sancións indicados no anexo.

O expedientado ten dereito a coñecer, en calquera momento do procedemento o estado de tramitación en que se encontra o expediente, e a accederen a el e obter copias dos documentos ou das informacións incluídas nel, tralo pagamento das taxas correspondentes, polo que se pon de manifesto o expediente durante o mesmo prazo que se citou con anterioridade.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o conselleiro desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 3 de xullo de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 230/2000-incendios.

Denunciado: Domingo de la Torre Dargamale.

DNI: 35.788.579.

Último domicilio coñecido: lugar de Forcadas, s/n-Chandrexa de Queixa-Ourense.

Feitos probados: realizar sete tentativas de lume sen estar en posesión da correspondente autorización.

Precepto infrinxido e sancionador: Art.137 b), 138 b), 138 c) do Regulamento do 23 de decembro de 1972, en relación coa Resolución do 21 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Sanción: 250.000 ptas.