Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 04 de agosto de 2000 Páx. 11.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra do proxecto de clausura e selaxe dos vertedoiros de RSU municipais da Veiga (Vilanova, Corzos e Pradolongo) Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: proxecto de clausura e selaxe dos vertedoiros de RSU municipais da Veiga (Vilanova, Corzos e Pradolongo) Ourense.

2.2. Prazo de execución: seis semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e dous millóns trescentas trinta e oito mil duascentas setenta e seis (32.338.276) pesetas, IVE incluído (194.356,95 euros).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación: seiscentas corenta e seis mil setecentas sesenta e seis (646.766) pesetas (3.887,14 euros).

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: un millón duascentas noventa e tres mil cincocentas trinta e unha (1.293.531) pesetas (7.774,28 euros).

7. Entrega da documentación.

7.1. Copistería Copy Nino.

7.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

7.4. Teléfono: 981 58 89 38.

8. Información.

8.1. Enderezo: rúa Os Basquiños, nº 2.

8.2. Teléfono: 981 54 17 49.

9. Requisitos específicos do contratista.

9.1. Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría C; grupo K, subgrupo 2, categoría C.

10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

10.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil será trasladado ó seguinte día hábil.

10.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa Os Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

11. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo será trasladado ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente