Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 04 de agosto de 2000 Páx. 11.639

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de xullo de 2000 pola que se fai pública a validación de cursos de especialización en lingua galega.

A Orde do 26 de novembro de 1993 (DOG do 23 de decembro), no seu artigo 2º, establece que se lles validará o curso de especialización en lingua galega ós licenciados en filoloxía e ós diplomados en EXB polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB, que posúan os certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas oficiais de idiomas.

Por iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Concedérlle-la validación do curso de especialización en lingua galega ás seguintes persoas, as cales reúnen os requisitos establecidos no artigo 2º da Orde do 22 de novembro de 1993:

Xosé Iglesias Muiños 76.993.927.

Mª José Pérez Corral 36.043.577.

Mª Carmen Rodríguez Varela 33.262.143.

Mª Dolores Pazos Rosales 35.304.632.

Teresa Susana Vázquez Regueiro 33.313.778.

Consuelo García Barreiro 35.303.351.

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria expedirálle-los correspondentes diplomas.

Disposición derradeira

Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria