Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 03 de agosto de 2000 Páx. 11.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación de asistencia técnica para impartición de seminarios de difusión da utilizacion das novas tecnoloxías da información e servicios de posta a disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de asistencia técnica para impartición de seminarios de difusión da utilización das novas tecnoloxías da información e servicios de posta a disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, Tfno: 981 54 11 01, Fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 10/2000.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para impartición de seminarios de difusión da utilización das novas tecnoloxías da información e servicios de posta a disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1: asistencia técnica para impartición de 46 seminarios de difusión da utilización empresarial de novas tecnoloxías da información.

Lote 2: servicios de posta a disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático necesario para a impartición dos seminarios obxecto do lote 1.

Prazo de execución: as datas definitivas de impartición de cada seminario serán establecidas polo Igape. A vixencia da contratación establécese nun máximo dun ano desde o inicio da execución, que será determinada polo Igape nun máximo de tres meses desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 12.012.000 ptas. (doce millóns doce mil pesetas), IVE incluído, coa seguinte desagregación por lotes:

Lote 1: 5.106.000 ptas., IVE incluído, orzándose nun máximo de 111.000 ptas., IVE incluído, o custo de cada seminario.

Lote 2: 6.906.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote/s ós que se concorra.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 10 92.

Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do decimo quinto día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense variantes sobre:

Lote 1: programas docentes, metodoloxía didáctica, duración dos programas e melloras técnicas propostas.

Lote 2: equipamento proposto, estructura de acceso á Internet proposta e melloras técnicas propostas.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12 horas do décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica