Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 03 de agosto de 2000 Páx. 11.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2000 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro; na Lei 22/1988, de costas; no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

Resolución: 20-6-2000.

Obxecto: legalización da ocupación das instalacións da lonxa do porto do Vicedo para a prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

Porto: O Vicedo.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores do Vicedo.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 20-6-2000.

Obxecto: construcción dunha cuberta para embarcacións, legalización de camiño de rodadura de carros e varada e unificación de dúas concesións.

Porto: O Freixo.

Adxudicatario: Abeijón Hermanos, S.L.

Prazo: ata o 16-5-2013.

Resolución: 20-6-2000.

Obxecto: modificación das instalacións náutico-deportivas e sociais do club.

Porto: Moaña.

Adxudicatario: Sociedade Deportiva Tirán.

Prazo: ata o 19-10-2004

Resolución: 29-6-2000.

Obxecto: instalacións de subministración de combustible a embarcacións.

Porto: Portosín.

Adxudicatario: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 29-6-2000.

Obxecto: ampliación da concesión para construcción dun almacén de caixas e un garaxe-almacén.

Porto: Ribeira.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores de Ribeira.

Prazo: ata o 10-7-2006.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante, á elección do interesado, o Xulgado do Contencioso-Administrativo da

Coruña ou ante o xulgado do contencioso-administrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución na que se faga público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra os citados actos administrativos recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia