Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 03 de agosto de 2000 Páx. 11.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Investigadores Privados de Galicia (Apipga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Investigadores Privados de Galicia (Apipga) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas con capacidade de obrar, que traballen no eido da investigación privada, comercial ou mercantil, investigación de sinistros e delictos privados.

Asinan a acta de constitución: Francisco Javier Alonso Rebollo, Amparo Abal Framil, Ana Belén Leirós Rodríguez, José Antonio Rodríguez Pérez e Francisco Javier Alonso Fernández.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais