Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 03 de agosto de 2000 Páx. 11.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, do expediente 4/2000-S, para o servicio de seguridade nas dependencias deste complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na alínea i) do artigo 7 da Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, mediante concurso, do servicio de seguridade nas dependencias do complexo hospitalario.

Obxecto e orzamento.

A prestación do servicio de seguridade nas dependencias do complexo hospitalario, por un orzamento máximo de 48.000.000 de ptas. (288.485,81 euros) (IVE engadido) por un período de seis meses.

Prazo de vixencia.

Desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2000, podendo ser obxecto de prórrogas sucesivas por mutuo acordo das partes, de conformidade co establecido no artigo 199 da Lei 53/1999, do 28 de decembro, pola que se modifica a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Documentos de interés para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitados no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n. Tfno. 982 29 65 52 e fax 982 21 29 24.

Fianzas.

Os licitadores deberán consignar unha fianza provisional de 960.000 ptas. (5.769,72 euros) e o adxudicatario unha fianza definitiva do 4% do importe da adxudicación. Constituirase segundo o disposto no artigo 37 da Lei 53/1999, do 28 de decembro.

Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación.

Grupo III. Subgrupo 2. Categoría D.

Criterios de adxudicación.

-Melloras sobre as prescricions técnicas esixidas, ata 30 puntos.

-Medios humanos e técnicos dispoñibles na provincia, ata 20 puntos.

-Experiencia en servicios similares, ata 20 puntos.

-Oferta económica, ata 20 puntos.

Admisión de variantes.

Non se admiten variantes.

Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 2 de maio de 2000.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo