Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 03 de agosto de 2000 Páx. 11.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2000 pola que se lle outorga permiso de actividade e concesión para a instalación dunha cetaria no lugar de Carreiro, Rañal, Arteixo (A Coruña), a Mariscos y Pescados Catoira, S.L.

Visto o expediente iniciado a instancia de Jorge Juan Catoira Pardo (DNI 32.397.717), actuando en nome e representación de Pescados y Mariscos Catoi

ra S.L., con data do 10-10-1997, no que solicita concesión administrativa e permiso de actividade para a instalación dunha cetaria para o mantemento de crustáceos vivos, que se vai situar no lugar de Carreiro, Rañal, concello de Arteixo, provincia da Coruña.

Resultando que se procedeu á súa tramitación de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas e disposicións concordantes.

Resultando que con data do 11-12-1998 lle foi outorgado por parte do Ministerio de Medio Ambiente (Dirección Xeral de Costas) o preceptivo título concesional para a ocupación de oitenta (80) metros cadrados de terreos de dominio público marítimo-terrestre.

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como a proposta da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña, logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico, e co visto e prace da Dirección Xeral de Recursos Mariños, esta consellería

RESOLVE:

Outorgarlle a Pescados y Mariscos Catoira, S.L. con CIF B-15.295.280, permiso de actividade e concesión para a posta en funcionamento e explotación dun establecemento coas seguintes características:

-Establecemento auxiliar de acuicultura: cetaria.

- Actividade: estabulación.

-Situación: O Carreiro, Rañal, Arteixo (A Coruña).

-Especies: lubrigante (Homarus gammarus), lagosta (Palimurus vulgaris), centola (Maia squinado), boi de mar (Cancer pagurus) e nécora (Necora puber).

-Superficie dominio privado: 1.088 m.

-Superficie dominio público: 80 m.

-Características das instalacións: unha (1) nave de 985 m e oito (8) piscinas de 32 m cada unha, ocupando unha superficie de 256 m.

A toma de auga ocupa 38 m de dominio privado e 50 m de dominio público. Os desaugadoiros ocupan un dominio privado de 65 m e 30 m de dominio público.

A presente resolución outórgase baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade e concesión outórgase por un prazo de dez (10) anos, que se contarán a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG, e poderá ser prorrogada discrecionalmente por petición do interesado dentro

dos 60 días anteriores ó seu vencemento, por prazo de igual duración, ata un total de trinta (30) anos.

O prazo de vixencia dos títulos habilitantes, así como das prórrogas que no seu día se puidesen outorgar, o permiso de actividade e concesión de ocupación do dominio público, deberán ser coincidentes.

Segunda.-O emprazamento e mailas obras da instalación do establecemento axustaranse ós planos e proxecto presentados, elaborado polo enxeñeiro industrial Luis Fernando Roade Rodríguez. O titular deberá dar comezo ás obras no prazo de seis (6) meses contados desde a publicación no DOG da presente resolución. Desenvolveranse de acordo co sinalado nesta resolución e nas condicións xerais da orde ministerial de outorgamento de ocupación do dominio público marítimo-terrestre e quedarán totalmente rematadas no prazo dun (1) ano.

Terceira.-Concluídas as obras, o titular comunicaralle tal feito á Dirección Xeral de Recursos Mariños desta consellería para os efectos de practica-la inspección delas; do resultado desta emitirase o correspondente informe.

Cuarta.-O titular contrae a obriga de manter en bo estado o dominio público, obras e instalacións. Non poderán alugarse nin ser destinadas a usos distintos dos propios deste tipo de establecementos. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-Sen prexuízo da caducidade da concesión, ó abeiro do disposto na orde ministerial de outorgamento do dominio público marítimo-terrestre data do 11-12-1998, norma 10, que será vinculante para esta consellería, a concesión do uso ó que se refire esta orde, extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, xa citado.

Sexta.-O establecemento cumprirá o disposto na Lei 6/1993, de pesca de Galicia, citada, así como no Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura (BOE nº11, do 13-1-1993), e demais concordantes que lle sexan de aplicación.

Sétima.-O outorgamento desta concesión non exime o seu titular da obtención doutras licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes, esixibles en función das características do establecemento.

Oitava.-O titular xustificará o pagamento á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito o acto ó dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa, ambos prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa notificación de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2000.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura