Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 03 de agosto de 2000 Páx. 11.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto con trámite de urxencia, para a adquisición dos equipos e ferramentas necesarios para a impartición de novas ensinanzas de mergullo profesional no Igafa da Illa de Arousa.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

c) Expediente: 2000/012/0949.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: equipos e ferramentas necesarios para a impartición de novas ensinanzas de mergullo profesional no Igafa da Illa de Arousa.

b) Número de unidades para entregar: ver prego de características técnicas.

c) División por lotes e número:

-Lote nº 1: ferramenta pneumática e complementos.

-Lote nº 2: ferramenta, equipos e accesorios hidráulicos, ferramenta e equipos de traballo convencionais.

-Lote nº 3: material médico.

d) Lugar de entrega da subministración: Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

e) Prazo de entrega: 1 mes para os lotes 1 e 2; 20 días para o lote 3, desde a sinatura do correspondente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 12.450.000 ptas.(74.826,01 euros) impostos incluídos.

-Lote nº 1: 1.400.000 ptas.

-Lote nº 2: 6.800.000 ptas.

-Lote nº 3: 4.250.000 ptas.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación do lote(s) corrrespondente(s).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

b) Enderezo: Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15771.

d) Teléfono: 981 54 61 39.

e) Fax: 981 54 61 38.

7. Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto da subministración requirida: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por só un dos lotes da subministración ou proposición por tódolos lotes.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

a. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a adxudicación do contrato.

9. Posibilidade de variantes: quedan admitidas segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura de ofertas.

Será feita pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 11 horas do quinto día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición

se faga por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarllo ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax no mesmo día.

11. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación