Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave AC/00/8.2 e cinco máis.

a) Obra.

1. Reparación de fechas e tratamentos superficiais zona 1, treitos illados C-642 Ribadeo a Ferrol por Ortigueira, C-646 Ortigueira a Ferrol por Cedeira, A Coruña.

Clave: AC/00/8.2.

Orzamento: trinta e sete millóns catrocentas noventa e nove mil cincocentas oitenta e tres pesetas (37.499.583), equivalentes a (225.377,03 euros).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Reparación de fechas e tratamentos superficiais zona 2, treitos illados, A Coruña.

Clave: AC/00/9.2.

Orzamento: trinta e sete millóns catrocentas noventa e nove mil seiscentas dezaoito pesetas (37.499.618), equivalentes a (225.377,24 euros).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Mellora da seguridade vial nos accesos a Sanxenxo da vía rápida do Salnés (VRG-4.1).

Clave: PO/00/68.6.

Orzamento: vintenove millóns cincocentas oitenta e cinco mil trescentas vinteoito pesetas (29.585.328), equivalentes a (177.811,40 euros).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

4. Travesía de Ortigueira C-642, fase II. Intersección rúa Xeneral Franco coa rúa Pedro Castiñeira e substitución paso baixo FEVE. Convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e o Concello de Ortigueira 30-3-2000.

Clave: AC/00/58.3.

Orzamento: cento trinta e nove millóns novecentas corenta e oito mil trescentas noventa e sete pesetas (139.948.397) equivalentes a (841.106,81 euros).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo B, subgrupo 3, categoría d. Grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisional: non se esixe.

5. Reforzo do firme da vía rápida do Salnés VRG-41 Curro-Sanxenxo p.k. 8,340/16,800 Meis-Ribadumia, Meaño-Sanxenxo, Pontevedra.

Clave: PO/00/30.2.

Orzamento: cento trinta e nove millóns setecentas cincuenta e catro mil catrocentas sesenta e cinco pesetas (139.754.465), equivalentes a (839.941,25 euros).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

6. Variante dun treito da C-641 p.k. 482+000 (Glorieta de Saa) ó p.k. 483+200. Convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Endesa Generación, S.A. 30-5-2000.

Clave: AC/00/71.1.

Orzamento: douscentos setenta e nove millóns oitocentas trinta e dúas mil trescentas noventa pesetas (279.832.390), equivalentes a (1.681.826,54 euros).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría f.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na letra a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do día vintenove (29)

de agosto de 2000, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: observarase o especificado no parágrafo F, do cadro de características.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Composela, 27 de xullo de 2000.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda