Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2000, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinalan as datas para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, dos bens afectados polas obras de alargamento e mellora da C-531 de Vilagarcía de Arousa a N-640 en Caldas de Reis (Alto do Pousadoiro), termos municipais de Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis. (Clave PO/00/50.1).

O artígo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B: construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 6 de xuño de 2000, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 22 de xuño de 2000 (Decreto 170/2000), acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras e, así mesmo, a urxente ocupación dos bens afectados por estas, para ós efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación Forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 55 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos que a continuación se citan, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Día: 24 de agosto de 2000, das 9.30 ás 14 horas: do predio nº 001 ó predio nº 050.

Día: 25 de agosto de 2000, das 9.30 ás 14 horas: do predio nº 050 ó último predio.

Lugar: Casa do Concello de Caldas de Reis.

Día: 28 de agosto de 2000, das 9.30 ás 14 horas: do predio nº 1001 ó predio nº 1070.

Día: 29 de agosto de 2000, das 9.30 ás 14 horas: do predio nº 1070 ó último predio.

O dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, e se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Said Armesto nº 1, as alegacións que coiden pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe