Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, do contrato de subministración e colocación de pantalán flotante no río Lérez, ó seu paso pola cidade de Pontevedra.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que refire esta resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Subministración e colocación de pantalán flotante no río Lérez, ó seu paso pola cidade de Pontevedra.

2.2. Lugar de colocación: río Lérez, ó seu paso pola cidade de Pontevedra, nas proximidades do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

2.3. Prazo de entrega: setenta e cinco (75) días desde a notificación da adxudicación.

3. Orzamento base de adxudicación: tres millóns trescentas mil (3.300.000) pesetas.

4. Garantías.

Garantía provisional: sesenta e seis mil (66.000) pesetas.

Garantía definitiva: catro por cento (4%) do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación e información: no Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

As fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do oitavo (8) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou no Xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: admitiranse as sinaladas no prego de prescricións técnicas.

7. Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios: será por conta do adxudicatario, o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte