Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave PO/00/61.1 e dúas máis.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción, incluída cartografía, da obra de acondicionamento da estrada PO-400 Salvaterra de Miño-Filgueira. Treito: Crecente-Filgueira (Cruzamento coa C-531).

Clave: PO/00/61.1.

Orzamento: vinte millóns novecentas vinte mil seiscentas pesetas (20.920.600), equivalentes a (125.735,34 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-O contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O proxectista será un enxeñeiro de camiños con experiencia en proxectos de estradas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción, incluída cartografía, da circunvalación interior de Monforte de Lemos.

Clave: LU/00/59.1.

Orzamento: cinco millóns setecentas trinta e unha mil cincocentas sesentas pesetas (5.731.560), equivalentes a (34.447,37 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-O contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O proxectista será un enxeñeiro de camiños con experiencia en proxectos de estradas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

3. Asistencia técnica para a realización de labores de control e vixilancia incluíndo os labores de coordinación de seguridade e saúde da estrada AC-141 e AC-142 Cabanas-As Pontes, fase I. Treito: Cabanas-A Capela-Goente.

Clave: AC/98/59-1.

Orzamento: quince millóns duascentas once mil oitenta pesetas (15.211.080), equivalentes a (91.420,43 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-O contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O coordinador de seguridade e saúde será un enxeñeiro de camiños ou un enxeñeiro técnico de obras públicas con, polo menos, nivel medio de prevención de riscos laborais.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescripcións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do día vintenove (29) de agosto de 2000, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no cadro de características.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda