Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.500

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

DECRETO 201/2000, do 6 de xullo, polo que se derroga o Decreto 278/1994, do 8 de setembro, polo que se establece o programa de axudas con finalidade estructural no sector da pesca, a acuicultura e a transformación e comercialización dos seus productos.

O Decreto 278/1994, do 8 de setembro, polo que se establece o programa de axudas con finalidade estructural no sector da pesca, a acuicultura e a transformación e comercialización dos seus productos, foi aprobado en desenvolvemento do Regulamento (CE) nº 3699/1993, do Consello, do 21 de decembro, polo que se definen os criterios e condicións das intervencións comunitarias con finalidade estructural no devandito sector.

O Regulamento (CE) nº 2792/1999, do Consello, do 17 de decembro, polo que se definen as modalidades e condicións das intervencións con finalidade estructural no sector da pesca, derroga o Regulamento (CE) 2468/1998, última redacción do Regulamento (CE) 3699/1993, e constitúe o novo marco normativo para o conxunto das intervencións estructurais no sector pesqueiro realizadas no territorio dun Estado membro da Comunidade Europea no período 2000-2006 con vistas a logra-los obxectivos específicos definidos no Regulamento (CE) nº 1263/1999, do Consello, de 21 de xuño, relativo ó Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca (IFOP).

En consecuencia, e para o efecto de adapta-lo marco das intervencións comunitarias con finalidade estructural no sector da pesca, o marisqueo e a acuicultura en Galicia á normativa comunitaria vixente é polo que, tendo en conta o artigo 28, punto 5º do Estatuto de autonomía de Galicia, por proposta do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xullo de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-Á entrada en vigor do presente decreto queda derrogado o Decreto 278/1994, do 8 de setembro, polo que se establece o programa de axudas con finalidade estructural no sector da pesca, a acuicultura e a transformación e comercialización dos seus productos, e cantas disposicións de rango inferior se dictasen no seu desenvolvemento.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de xullo de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura