Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 01 de agosto de 2000 Páx. 11.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADERNE

ANUNCIO.

Con data do 27 de xuño de 2000, enviouse ó anuncio no que se aprobaba o prego de condicións económico-administrativas que rexerá a contratación por concurso público por procedemento aberto urxente, do servicio de limpeza das diversas dependencias municipais, o que estará en exposición pública por un período de 8 días hábiles a partir do seguinte á última publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia. Ó mesmo tempo e nun prazo común de 13 días naturais a partir do seguinte á

última publicación, anúnciase a licitación, sendo en resumo o seguinte:

Obxecto do contrato: prestación do servicio de limpeza das seguintes dependencias municipais: casa do concello, centro de saúde, consultorios médicos, escolas de preescolar e centros socioculturais.

Prazo do contrato: dous anos.

Tipo de licitación: 1.906.452 ptas.

Fianzas: provisional: 2%.

Definitiva: 4%.

Presentación de plicas: 13 días naturais desde o seguinte á última publicación no DOG ou no BOP.

Apertura de plicas: 9.30 horas do día terceiro hábil. Se cadra en sábado, o seguinte día hábil.

Paderne, 29 de xuño de 2000.

César Longo Queijo

Alcalde-presidente