Con data do 27 de xuño de 2000 enviouse ó BOP o anuncio no que se aprobaba o prego de condicións económico-administrativas que rexerá a contratación por concurso público, por procedemento aberto urxente, do servicio de conducción e mantemento de vehículos municipais, o que estará en exposición pública por un período de 8 días hábiles a partir do seguinte á última publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Ó mesmo tempo e nun prazo común de 13 días naturais a partir do seguinte á última publicación, anúnciase a licitación, sendo en resumo o seguinte:
Obxecto do contrato: prestación do servicio de conducción e mantemento de vehículos municipais seguintes: vehículo microbús de 9 prazas, incluído conductor, matrícula C-1372-AU.
Prazo do contrato: dous anos.
Tipo de licitación: 4.250.000 pesetas.
Fianzas: provisional: 2%.
Definitiva: 4%.
Presentación de plicas: 13 días naturais desde o seguinte á última publicación no DOG ou no BOP.
Apertura de plicas: 9.30 horas do día terceiro hábil. Se cadra en sábado, o seguinte día hábil.
Paderne, 29 de xuño de 2000.
César Longo Queijo
Alcalde-presidente