Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 01 de agosto de 2000 Páx. 11.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/97-2, 5436 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Andrés Conde Medín-Balmimesa.

Domicilio social: lugar de Lagostella. Guitiriz. Lugo.

Denominación: anteproxecto planta de coxeración en balneario.

Situación: Guitiriz.

Descricións técnicas: central de coxeración, 2 motores combustión interna e 2 xeradores de 760 kW. Combustible: gasoleo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 12 de xuño de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo