Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 01 de agosto de 2000 Páx. 11.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 28 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario e outros.

Comunícase que está aberto o prazo ata o día 20 de agosto de 2000, para presenta-la instancia solicitude, na consellería ou nas delegacións provinciais, para as seguintes disciplinas: procesos e productos de téxtil, confección e pel, sistemas electrotécnicos e automáticos, patronaxe e confección, producción en artes gráficas, soldadura, acordeón, harmonía e melodía acompañada, canto, composición e instrumentación, estética e historia da música da cultura e da arte, trompa e tuba.

As bases da convocatoria e o modelo de solicitude atópanse na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2000.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal