Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 01 de agosto de 2000 Páx. 11.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/147-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Agustín Romero, 1.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 195 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña LCS 8.04 entre os CC.TT. Dr. Tourón e centro comercial A Xunqueiras, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta na avda. de Agustín Romero nº 1, do concello de Vilagarcía de Arousa, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de xuño de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra