A Deputación Provincial de Lugo aprobou o proxecto de 169 POL 97-Pantón-E.P. A Arribada-Ferreira de Pantón e acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu a documen
tación complementaria para a correcta tramitación do expediente, con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do día 3 de xullo de 2000.
Os bens nos que se concreta a declaración de urxente expropiación están determinados no expediente que se someteu a información pública.
O proxecto foi informado favorablemente pola Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque as obras de referencia figuran nun programa de cooperación local e os terreos son necesarios para a iniciación das obras dentro dos prazos sinalados pola normativa ó respecto.
A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia, segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de xullo de dous mil,
DISPOÑO:
Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de 169 POL 97-Pantón-E.P. A Arribada-Ferreira de Pantón.
Santiago de Compostela, trece de xullo de dous mil.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Antonio Pillado Montero
Conselleiro de Xustiza, Interior
e Relacións Laborais