Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 01 de agosto de 2000 Páx. 11.461

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Ingeniería Urbana, S.A. (co seu persoal adscrito ós servicios de limpeza pública e interiores contratados polo Concello de Pontevedra).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Ingeniería Urbana, S.A. (co seu persoal adscrito ós servicios de limpeza pública e interiores contratados polo Concello de Pontevedra), con nº

de código 3601102, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-6-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, o 22-5-2000. De conformidade co disposto no artigo 90, 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representación económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de xuño de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Ingeniería Urbana, S.A. co seu persoal adscrito ós servicios de limpeza pública e interiores contratados co concello de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo regulará as relacións laborais da empresa Ingeniería Urbana, S.A., co seu persoal adscrito ós servicios de recollida de lixo, limpeza viaria e limpeza de edificios e locais contratados co Concello de Pontevedra.

Artigo 2º.-Vixencia.

Excepto os artigos que expresamente marquen distinta vixencia, este convenio colectivo entrará en vigor a partir do 1º de xaneiro de 2000 para o persoal en activo na data do seu asinamento, independentemente da súa publicación no BOP.

Artigo 3º.-Duración e prórroga.

A duración do convenio será de dous anos, é dicir, para o período comprendido entre o 1º de xaneiro de 2000 e o 31 de decembro de 2001.

Este convenio considerarase automaticamente denunciado, unha vez rematada a vixencia prevista no punto anterior, sen necesidade de previo aviso ningún, continuando o articulado en vigor mentres non exista texto alternativo que o substitúa.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó establecemento deste convenio viñese desfrutando de condicións máis beneficiosas que as aquí pactadas, conservará as ad personam.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria neste convenio coas funcións que se especifiquen no artigo 6º. A comisión reunirase unha vez cada dous meses, salvo convocatoria de calquera das partes por causa seria e grave que afecte os intereses xerais do ámbito do convenio.

A reunión, que será convocada por escrito e cando menos con tres días hábiles de antelación, deberá incluír necesariamente os temas que se vaian tratar na orde do día.

Serán vocais desta tres representantes dos traballadores e tres da empresa, designados respectivamente polas partes asinantes do convenio.

Será secretario un vocal da comisión paritaria, nomeado por cada sesión, tendo en conta que o cargo recaerá unha vez nos representantes dos traballadores e a seguinte nos representantes da empresa.

Artigo 6º.-Funcións da comisión paritaria.

As funcións da comisión paritaria serán as seguintes:

a) Interpretación da aplicación da totalidade do convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do convenio ou veñan establecidas no seu texto.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A partir do asinamento do convenio colectivo, a xornada semanal de traballo efectivo é de 36 horas, aplicándose en sábados a diminución da media hora semanal.

Os traballadores disporán de media hora para toma-lo bocadillo. O horario para este mester será das 10 ás 10.30 horas para a quenda da mañá, das 17 ás 17.30 horas para a quenda de tarde e da 1 á 1.30 para a quenda de noite.

Os días 24 e 31 de decembro consideraranse para tódolos efectos como días non laborables e retribuídos para todo o persoal de recollida de noite.

O resto do persoal que traballe efectivamente os días 24 e 31 de decembro desfrutará en compensación de 1 día de libranza retribuída.

Ademais, os días 25 de decembro e 1º de cada ano consideraranse como días festivos excepcionais e serán primados a criterio da empresa como mínimo cun 50% sobre o prezo do día festivo na contía fixada para o traballo obrigatorio.

O día 3 de novembro, día de San Martiño de Porres, patrón da actividade, considerarase como día festivo.

Artigo 8º.-Vacacións.

O persoal comprendido neste convenio desfrutará dun período anual de vacacións de 30 días naturais, sendo cando menos 21 deles laborables e podendo desfrutarse ó longo de todo o ano. Na empresa establecerase unha orde rotatoria de preferencia, de tal maneira que o traballador que un ano fose primeiro á hora de escoller quenda pase a ser último no ano seguinte.

O calendario de vacacións exporase nos taboleiros de anuncios da empresa.

O traballador coñecerá as datas en que lle corresponde desfrutar das súas vacacións, cando menos, dous meses antes do comezo do seu desfrute. En todo caso, as vacacións non poderán comezar a desfrutarse no día anterior a festivo.

En caso de discrepancia aplicaranse, en canto ás vacacións, os seguintes criterios:

a) Solicitude do traballador.

b) Rotatividade por gremios e categoría.

c) Preferencia por antigüidade.

Os criterios anteriores serán resoltos polo comité de empresa.

A empresa determinará o número de traballadores que mensualmente desfrutará vacacións.

Aboaráselles anualmente ós traballadores unha bolsa de vacacións por importe de:

Quenda

DíaNoite

Delegado3.1387.397
Xefe de servicios2.7496.921
Encargado xeral2.3286.412
Enc. verted., capataz, administvo., mecán.-cond.1.9265.935
Conductor1.4965.416
Vixlte. vert., peón, limpadora, cristaleiro1.1064.951

Estes importes aboaranse xunto coa paga extra do verán.

Artigo 9º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo que se indica:

a) Dezasete días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días naturais por nacemento de fillo, dos cales, polo menos, 2 serán laborables. Se concorrese enfermidade grave aumentarase a 5 días.

c) Cinco días naturais polo falecemento do cónxuxe e fillos.

d) Catro días naturais por falecemento de pais ou sogros.

e) Dous días por enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo, o traballador necesitase facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

En caso de enfermidade grave con hospitalización, o permiso será de tres días.

Se o traballador tivese que acompañar a familiar de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, enfermo gravemente, co fin de que reciba asistencia médica noutra localidade, logo de xustificación, a licencia ampliarase ata cinco días naturais.

f) Por matrimonio de fillos ou irmáns:

-Un día natural se a cerimonia se realiza na localidade de residencia do traballador.

-Pasa a ser laborable o día de permiso se se producise o matrimonio fóra da localidade de residencia do traballador e dentro da mesma provincia.

-Catro días naturais se a cerimonia se realiza fóra da provincia.

g) Un día natural polo traslado de domicilio habitual. O día natural pasaría a ser laborable se o cambio de domicilio se producise a distinta localidade.

h) Para concorrer a exames finais, liberatorios e demais probas definitivas de aptitude e avaliación de centros oficiais durante os días da súa realización, non excedendo en conxunto de dez días ó ano.

i) Para deberes de carácter público e persoal, así como para consulta médica, a empresa concederalles ós seus traballadores permiso retribuído polo tempo necesario co fin de que estes poidan cumprir cos seus deberes de carácter público e persoal (renovación do DNI, revista militar, solicitude ou renovación do carné de conducir, etc.). Enténdese que este permiso será concedido cando o horario dos centros nos que deba ser realizada a correspondente xestión coincida coa xornada laboral do traballador. O traballador, cando vaia asistir á consulta médica, deberá poñelo en coñecemento da empresa e trae-lo xustificante correspondente da dita asistencia, comprometéndose o productor, de ser posible, á terminación do distrito asinado.

j) Un día por falecemento de tíos, do traballador ou do seu cónxuxe, para asistencia ó enterro.

k) Tódolos traballadores/as desfrutarán durante o ano un día de asuntos propios de libre disposición.

Artigo 10º.-Salarios.

Fíxase para o ano 2000 un salario mínimo de convenio de 109.213 pesetas, establecéndose con efectos do 1º de xaneiro a seguinte táboa salarial por categorías:

-Delegado120.914.-Xefe de servicio118.577.-Encargado xeral116.232.

-Encargado vertedoiro113.893.-Capataz113.893.-Administrativo113.893.-Mecánico-conductor113.893.-Conductor111.552.-Vixilante vertedoiro109.213.-Peón109.213.-Limpadora109.213.-Cristaleiro109.213.

O incremento salarial pactado para o ano 2000 foi do 3,25%, e trala aplicación do desagregamento variable acordado, resultan os importes indicados. Se o IPC real, índice xeral nacional, fose o 31-12-2000 superior ó 2,5%, efectuarase unha revisión salarial aplicando esta diferencia ós importes de tódolos conceptos económicos en orixe (1999). Estes atrasos salariais aboaríanse dentro do primeiro trimestre do ano 2001 e pasarían a formar parte da base de aplicación dos incrementos do ano seguinte.

O incremento salarial pactado para o ano 2001 foi do IPC previsto máis o 0,5%, tamén co desagregamento de aplicación variable (IPC previsto máis 0,25% e o 0,25% restante ó complemento de transporte). Se o IPC real, índice xeral nacional, fose o 31-12-2001 superior ó previsto, efectuarase unha revisión salarial aplicando esta diferencia ós importes definitivos de tódolos conceptos económicos do ano 2000. Estes atrasos aboaríanse dentro do primeiro trimestre do ano 2002 e pasarían a formar parte da base de aplicación dos incrementos do ano seguinte.

Estas actas de revisión levaranse á autoridade laboral para o seu rexistro, depósito e publicación no BOP.

As retribucións pactadas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa natureza ou orixe.

Artigo 11º.-Antigüidade.

A antigüidade será consolidada e pagada conforme a do sector, é dicir, tres bienios do 5% e posteriores quinquenios do 7%.

Comezarase a aboar desde o día 1º de xaneiro do ano en que se cumpran os bienios ou quinquenios de que se traten.

A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderá supor en ningún caso máis:

-Do 10% ós 5 anos.

-Do 25% ós 15 anos.

-Do 40% ós 20 anos.

-Do 60% como máximo ós 25 anos.

Artigo 12º.-Complemento de penosidade.

Establecerase un complemento de penosidade que consiste no 25% do salario base. O dito complemento será percibido por tódolos traballadores da empresa durante os doce meses do ano.

Artigo 13º.-Complemento de nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade que consiste no 30% do salario base. O dito complemento pagarase os doce meses do ano.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal afecto a este convenio percibirá as seguintes gratificacións extraordinarias:

-Gratificación de verán ou xullo, gratificación de Nadal e gratificación de beneficios.

Establécense as seguintes datas límite de pagamento destas gratificacións:

-Gratificacións de verán ou xullo: 15 de xullo.

-Gratificacións de Nadal: 15 de decembro.

-Gratificación de beneficios: 15 de abril.

As devanditas gratificacións extraordinarias serán equivalentes cada unha delas a 30 días de salario base máis antigüidade.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Procurarase efectua-las horas extraordinarias mínimas indispensables e, en todo caso, cos límites que determina o Estatuto dos traballadores.

Empresario e traballadores a través da súa representación legal poderán pactar que as horas extras se aboen na contía determinada na lexislación laboral vixente, ou se compensen por tempo de descanso, de acordo co previsto na lexislación vixente.

Artigo 16º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte de 8.909 pesetas mensuais para cada un dos traballadores da empresa.

Artigo 17º.-Complemento de distancia.

Establécese un complemento de distancia de 2.855 pesetas mensuais para todo o persoal que diariamente teña que se desprazar á nave; o dito complemento percibirao tamén o persoal que presta servicios no vertedoiro.

Artigo 18º.-Axudas de custo.

Establécese unha axuda de custo de 5.810 pesetas diarias, e unha media de 2.905 pesetas diarias.

Artigo 19º.-Achega económica por diminuídos físicos ou psíquicos.

Esta achega económica queda establecida na cantidade de 9.593 pesetas mensuais para aqueles traballadores que teñan ó seu cargo familiares diminuídos psíquicos ou físicos.

Artigo 20º.-Indemnización por falecemento ou invalidez derivada de accidente laboral.

Establécese para o ano 2000 unha indemnización de 1.505.778 e 2.409.246 pesetas, respectivamente, para cada continxencia.

Establécese para o ano 2001 unha indemnización de 1.600.000 e 2.525.000 pesetas, respectivamente, para cada continxencia.

As ditas contías serán actualizadas anualmente conforme ó establecido na correspondente póliza da entidade aseguradora.

Axuda por falecemento derivado doutras causas.

Por falecemento dalgún/nha traballador/a en activo, a empresa que estea prestando servicios aboaralle ó cónxuxe ou fillos, para axuda do sepelio, a cantidade que a seguir se indica segundo o ano en que se producise:

Ano 2000=50.000 ptas.; ano 2001=75.000 ptas.

Artigo 21º.-Anticipos reintegrables.

Crearase un fondo para préstamos persoais. Ó dito fondo pode recorrer calquera traballador cunha antigüidade mínima de seis meses sen que en ningún momento os préstamos solicitados e concedidos poidan supera-las contías que para cada ano se determinan, sendo devoltos ó fondo, nun período máximo de 12 meses, salvo que fose previsible a finalización da relación laboral con anterioridade. Os préstamos pendentes de adxudicar por se ter cuberto o máximo establecido iranse entregando cando, reposto o fondo haxa cantidade suficiente para o seu outorgamento. A orde de concesión de préstamos será a fixada polo comité de empresa, procurándose (salvo casos excepcionais) que entre a amortización dun préstamo e a concesión dun novo transcorran como mínimo seis meses.

Os importes máximos de préstamos e fondo serán os seguintes:

ConceptoAno 2000Ano 2001

Préstamo212.489 ptas.Por revisar

Fondo850.000 ptas.1.000.000 de ptas.

O prazo para a concesión do préstamo non será superior a 5 días.

Artigo 22º.-Axuda de estudios.

A cada traballador que teña fillos en EXB/ESO aboaráselle unha cantidade anual total de 6.074 pesetas en concepto de axuda de estudios. A dita cantidade farase efectiva coa nómina do mes de setembro ou outubro, logo de xustificación.

Artigo 23º.-Roupas de traballo.

Entregaráselle a todo o persoal de limpeza e recollida dous uniformes e dúas camisas ó ano, nos meses de maio e outubro. Ó persoal eventual entregaráselle tamén unha funda de recambio para que substitúa o uniforme de traballo cando teña que lavarse. Ós conductores cambiaráselle-la funda de verán por unha camisa, un pantalón e un xersei.

Para o persoal de limpeza de interiores entregaranse dúas batas anuais, que pode substituírse por chaqueta e pantalón á elección das traballadoras, doce pares de luvas e dous pares de zocos e, cada dous anos, unha chaqueta de la para os invernos.

Ó persoal que preste os seus servicios no vertedoiro entregaránselle botas de seguridade.

Así mesmo, xunto co uniforme de inverno entregaráselle ó persoal de recollida e limpeza un par de botas de augas, tres pares de luvas protectoras,

un conxunto de pantalón e chaqueta impermeables e unha boina.

Tamén se entregará cada dous anos un anorak.

O material será entregado en cada centro de traballo pola empresa.

Antes da entrega da roupa daráselle audiencia ó comité de empresa, que emitirá a súa opinión.

Nas entregas de roupa, a empresa e o comité de empresa quedarán cunha mostra das roupas dadas ós traballadores, co fin de comprobarse en posteriores entregas que non diminúe a calidade. A empresa utilizará a súa mostra para modelo de provedores ó solicitar ofertas económicas e o comité de empresa para comprobar que estes non incumpriron o pedido.

En caso de que por circunstancias do mercado ou mandato do cliente houbese que varia-lo modelo, a cor, ou calquera outra característica dalgunha peza de roupa (cambios dunhas pezas por outras, etc.), a empresa entregaralle á representación legal dos traballadores a nova mostra, co fin de que se comprobe que non diminúe a calidade na peza substituída.

A empresa informará os seus provedores de vestiario, na súa carta de pedido, de que a representación legal dos traballadores vixiará o cumprimento das características do vestiario de traballo.

Todo o anterior, sen menoscabo do cumprimento da lexislación sobre saúde laboral.

Artigo 24º.-Garantías sobre as condicións de traballo.

Co fin de que o traballador coñeza os datos relativos á súa afiliación e cotización ó réxime xeral da Seguridade Social, a empresa está obrigada ó seguinte:

a) Facilitarlles copia do parte de alta na Seguridade Social ós traballadores dentro dos primeiros oito días do seu ingreso.

b) Publicación dos modelos TC1 e TC2 correspondentes ás cotizacións do último mes.

Así mesmo, amosarase no taboleiro de anuncios copia da póliza coa entidade aseguradora sobre os riscos previstos no artigo 20.

Artigo 25º.-Taboleiro de anuncios.

Será obrigatoria a existencia de taboleiros de anuncios nos que se fixarán as comunicacións da empresa, así como as comunicacións dos traballadores e a información sindical.

Artigo 26º.-Seguridade e saúde laboral.

Constituirase un comité de seguridade e saúde laboral:

a) Composición: estará constituído polo empresario ou quen o represente, un técnico cualificado ou quen o represente, un técnico capacitado na materia e catro representantes dos traballadores.

b) Funcións: serán as seguintes:

1. Promove-la observancia das disposicións vixentes en materia de seguridade e saúde laboral.

2. Estudiar e promove-las medidas oportunas verbo da prevención dos riscos profesionais, protección da vida, integridade física, saúde e benestar dos traballadores.

3. Solicita-la colaboración dos gabinetes provinciais de seguridade e hixiene e institucións públicas, dedicadas a estas funcións na implantación ou inspección de medidas de protección no centro de traballo, dándose traslado ós compoñentes do comité de seguridade e saúde laboral dos informes que puidesen remitir a estes organismos.

4. Ser informado pola dirección da empresa das medidas concretas que se previron para o centro de traballo en materia de seguridade e saúde laboral, tendo facultade o comité, por iniciativa propia, de propoñe-las adecuacións ou modificacións pertinentes ó plan de seguridade.

5. O comité de seguridade e saúde laboral poderá paralizar unha ou varias unidades de traballo no suposto único de risco para os traballadores, debendo poñelo de inmediato en coñecemento dos servicios técnicos de seguridade da empresa.

6. O comité de seguridade e saúde laboral deberá levar unha estatística sinxela das medidas adoptadas, accidentes, ordes de seguridade dadas e requirimento ós traballadores resistentes á adopción de medidas de protección.

7. A información resultante daráselle a coñecer a todo o persoal mediante a súa inserción nos taboleiros de anuncios.

c) Actividade: o comité de seguridade e saúde laboral reunirase unha vez ó mes en horas de traballo. As reunións extraordinarias faranse por razóns de urxencia e fóra das horas de traballo.

Os membros do comité disporán de 7 horas mensuais, co límite de 2 horas nun mesmo día para que, de maneira habitual e efectiva, comproben o cumprimento das medidas de seguridade individuais e o estado das colectivas.

Todo o anterior sen menoscabo do cumprimento do establecido na lexislación de seguridade e saúde no traballo.

Artigo 27º.-Recoñecementos médicos.

Todo o persoal comprendido neste convenio someterase a unha revisión médica anual que será por conta da empresa, así como o transporte. O resultado do dito recoñecemento médico seralle comunicado ó traballador pola entidade que o efectúe.

Os traballadores da quenda da tarde incorporaranse unha vez teñan xantado, despois de finaliza-lo recoñecemento médico. Isto sempre que poidan dispor de transporte público regular, a non ser que o medio de locomoción sexa facilitado pola empresa.

A empresa comprométese a que os recoñecementos médicos do persoal se fagan no período do 1 de maio ó 30 de xuño de cada ano e nas mellores con

dicións de asistencia médica e sanitaria, e o dito recoñecemento consistirá, como mínimo, en:

-Audiometría.

-Control da vista.

-Análise de urina e sangue.

-Espirometría.

-Exploración clínica.

Tamén se farán campañas de vacinación que consistirán en:

-Vacina contra o tétano.

-Vacina contra a hepatite B, con análise de sangue previa.

Todo o anterior sen menoscabo do cumprimento do establecido na lexislación de seguridade e saúde no traballo.

Artigo 28º.-Dereitos sindicais.

a) A empresa respectará o dereito dos traballadores a sindicárense e non poderá suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical.

b) A empresa non poderá despedir un traballador nin prexudicalo de calquera outro xeito a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

c) A empresa recoñece o dereito dos traballadores afiliados a un sindicato a realizaren reunións, recadaren cotas e distribuíren información sindical fóra de horas de traballo.

d) O crédito de horas mensuais que lles corresponde ós membros do comité de empresa poderán acumularse nun ou varios dos seus compoñentes, sen excede-lo máximo total, quedando relevado ou relevados do traballo sen prexuízo da súa remuneración.

e) O persoal terá un permiso retribuído para a realización de cinco asembleas anuais, desde as 20 ás 23 horas.

f) A empresa respectará a legalidade vixente en materia de acumulación de horas sindicais, conforme o cal os cargos sindicais poderán acumula-las ditas horas entre si segundo teñan por conveniente.

g) A partir do ano 2001 serán computadas como tempo efectivo de traballo as horas dedicadas á negociación ou revisión do convenio colectivo.

Artigo 29º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo de antigüidade da súa vixencia, concederase pola elección ou designación para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reintegro deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público. O traballador, con polo menos unha antigüidade na empresa de 1 ano, ten dereito á excedencia voluntaria por un prazo non menor a dous anos e maior

de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, contado a partir da data do nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

Terán dereito á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

Artigo 30º.-Reloxo.

A empresa porá un reloxo de parede que servirá de orientación ó persoal. O local-vestiario permanecerá aberto durante 15 minutos máis tarde da hora de entrada. Todo aquel productor que chegue no intervalo de 15 minutos sinalados no punto anterior comezará a traballar unha hora máis tarde da hora de entrada e será obxecto dunha hora de desconto comprometéndose a deixa-lo distrito que se lle asigne terminado. O establecido anteriormente terá lugar cando se cometa falta de puntualidade superior a unha cada dous meses.

Artigo 31º.-Faltas e sancións.

A empresa informará o comité de empresa das sancións que se lles impoñan ós seus traballadores, así como dos seus motivos e da súa cualificación, de conformidade coa lexislación vixente. Esta información ó comité de empresa será anterior á comunicación de sanción ó traballador afectado. Non se poderán impoñer sancións que consistan na reducción do período de vacacións ou minoración dos dereitos ó descanso do traballador ou multa de haber.

Por petición dos traballadores sancionados, o comité de empresa facilitaralle a este, no caso de ser posible e en reunión para o efecto, información suplementaria co fin de chegar a un coñecemento máis obxectivo dos feitos.

Artigo 32º.-Xubilación ós 64 anos.

Os traballadores que cumpran a idade de 64 anos e demais requisitos esixidos poderán acollerse á xubilación segundo determina o R.D 1194/1985, polo cal as empresas están obrigadas a contratar simultaneamente no lugar do xubilado outro traballador, sempre de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 33º.-Liquidacións.

Tódolos recibos que teñan carácter de liquidacións asinaranse en presencia dun membro do comité ou asesor sindical. Estes recibos asinaranse de conformidade co modelo anexo a este convenio. No dito documento constará o nome e a sinatura do membro do comité ou asesor sindical.

Artigo 34º.-Cota sindical.

Por petición da central sindical correspondente, e logo de conformidade por escrito do afiliado, a empresa encargarase da recadación da cota mediante o desconto en nómina e o seu ingreso na conta bancaria que a central determine.

Artigo 35º.-Domingos e festivos.

O persoal fixo de xornada completa desfrutará xeralmente os seus días de descanso en domingos e festivos, salvo que por falta de persoal voluntario para traballar nos ditos días non se puidese garanti-lo servicio; neste caso deberán presta-lo forzosamente os traballadores designados para o efecto, con día de libranza compensatorio e retribución salarial dun complemento funcional polo seu cambio de día de libranza. O dito complemento aboaráselle tamén ó persoal do vertedoiro, ou devengando estas retribucións os traballadores de noite que fagan a súa recollida o sábado de madrugada.

O persoal voluntario inscribirase nunha lista para o efecto, prestando servicio en orde estrictamente rotativa, sen discriminación, cun máximo de 4 voluntarios por cada domingo ou festivo en xeral, salvo que exista coincidencia de dous días consecutivos non laborables, ou datas de especial significado, ou que non haxa suficientes voluntarios para atende-lo servicio que se precisa; no dito caso terán que traballa-los designados pola empresa e, por ser forzoso, a retribución citada polo cambio de día de libranza terá un incremento engadido.

Para tal efecto, os importes do año 2000 son:

-Voluntario: 5.000 ptas.

-Forzoso: 8.000 ptas.

Artigo 36º.-Responsabilidade ante terceiros.

A empresa disporá dunha póliza de responsabilidade civil que cubra os posibles riscos producidos a terceiras persoas no exercicio da actividade habitual desenvolvida, que é a de recollida do lixo, limpeza viaria, limpeza de interiores e eliminación de refugallos.

Para casos especiais non cubertos pola póliza, crearase unha comisión representada por tres membros do comité, un de cada central sindical representada, e un representante da empresa. A dita comisión estudiará os casos especiais e emitirá un informe vinculante.

Artigo 37º.-Complementos por IT (antes, incapacidade laboral transitoria).

Na situación de incapacidade laboral transitoria derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a empresa complementará ata o 100% do salario base, antigüidade, nocturnidade e complemento de perigosidade desde o primeiro día do parte de baixa. Así mesmo, naqueles casos en que exista baixa por IT por enfermidade común ou accidente non laboral con hospitalización, a empresa aboará ata o 100% do salario base, antigüidade, noc

turnidade e complemento de perigosidade, desde o día en que se produza a hospitalización e mentres dure esta.

Para os casos de IT derivada de enfermidade común, a empresa complementará ata o 100% do salario base, antigüidade, toxicidade e nocturnidade a partir do 18º día do inicio da baixa no ano 2000, e a partir do 16º día desde o ano 2001. Naqueles supostos no que a empresa denuncie posibles irregularidades nas situacións de IT, poderá deixar de aboar este complemento a partir do día 60º da baixa, sempre que exista acordo maioritario neste sentido dunha comisión formada para o efecto por dous representantes da empresa e dous dos traballadores.

O tempo dedicado a esta tarefa deberá realizarse dentro do horario de traballo e computarase como traballo efectivo.

Artigo 38º.-Fomento do emprego.

Todo o persoal contratado que esgote o período máximo legal establecido pasará a ser fixo no cadro de persoal laboral da empresa.

As traballadoras que a empresa incorpora dentro das fixas descontinuas, o día 1º de setembro para realizar limpezas de choque, rotarán, sempre que dispoñan de medios de transporte propios para realiza-lo traballo que a empresa ten asignado, quedando obrigadas a realiza-lo traballo que a empresa lles asigne.

Artigo 39º.-Escape de vehículos e reparto de material de limpeza.

A empresa comprométese a realizar de forma paulatina as melloras necesarias co fin de evitar escapes laterais de gases nos camións de recollida de lixo.

O material ou os productos de limpeza utilizados na limpeza de colexios públicos serán subministrados pola empresa en cada centro de traballo.

Artigo 40º.-Subrogación do persoal.

Para contribuír e garanti-lo principio de estabilidade no emprego, a absorción do persoal entre os que se sucedan, mediante calquera das modalidades de contratación de xestión de servicios públicos, contratos de arrendamento de servicios ou doutro tipo, nunha concreta actividade das reguladas no ámbito funcional deste convenio, levarase a cabo nos termos indicados neste artigo e seguintes.

No sucesivo, o termo contrata engloba con carácter xenérico calquera modalidade de contratación, tanto pública como privada, e identifica unha concreta actividade que pasa a ser desempeñada por unha determinada empresa, sociedade ou organismo público.

A) En tódolos presupostos de finalización, perda, rescisión, cesión ou rescate dunha contrata, así como respecto de calquera outra figura ou modalidade que

supoña a substitución entre entidades, persoas físicas ou xurídicas que leven a cabo a actividade de que se trate, os traballadores da empresa saínte pasarán a adscribirse á nova empresa ou entidade pública que vaia realiza-lo servicio, respectando esta os dereitos e obrigas que desfruten na empresa substituída. Producirase a mencionada subrogación de persoal sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

1. Traballadores en activo que realicen o seu traballo na contrata cunha antigüidade mínima dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva do servicio, sexa cal fose a modalidade do seu contrato de traballo, con independencia de que, con anterioridade ó citado período de catro meses, traballasen con anterioridade noutra contrata.

2. Traballadores, con dereito a reserva de posto de traballo, que no momento da finalización efectiva da contrata teñan unha antigüidade mínima de catro meses nela e estean enfermos, accidentados, en excedencia, de vacacións, de permiso, descanso maternal, servicio militar ou situacións análogas.

3. Traballadores con contrato de interinidade que substitúan a algún dos traballadores mencionados no punto segundo, con independencia da súa antigüidade e mentres dure o seu contrato.

4. Traballadores de novo ingreso que por esixencia do cliente se incorporasen á contrata de servicios públicos como consecuencia dunha ampliación, nos catro meses anteriores á finalización daquela.

5. Traballadores que substitúan a outros que se xubilen, tendo cumprido 64 anos dentro dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva da contrata e teñan unha antigüidade mínima nela dos catro meses anteriores á xubilación, sempre que esta estea pactada en convenio colectivo estatutario de ámbito inferior, en virtude do R.D. 1194/1985, do 17 de xullo.

B) Tódo-los supostos anteriormente citados deberá acreditarllos fidedignamente e documentalmente a empresa ou entidade pública saínte á entrante, mediante os documentos que se detallan seguidamente e no prazo de 10 días hábiles contados desde o momento en que, ben a empresa entrante, ben a saínte, lle comunique fidedignamente á outra empresa o cambio na adxudicación do servicio. Os documentos que a empresa saínte deberá facilitarlle á empresa entrante serán os seguintes:

-Certificado do organismo competente de estar ó día no pagamento na Seguridade Social.

-Fotocopia dos catro últimos recibos de salarios dos traballadores afectados.

-Fotocopia dos TC-1 e TC-2 de cotización á Seguridade Social dos catro últimos meses.

-Relación de persoal especificando: nome e apelidos, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, categoría profesional, xornada, horario, modalidade de contratación e data do desfrute das súas vacacións. Se o traballador é representante legal dos traballadores, especificarase o período de mandato deste.

-Fotocopia dos contratos de traballo do persoal afectado pola subrogación.

-Copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador afectado, no que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais, non quedando pendente cantidade ningunha. Este documento deberá estar en poder da nova adxudicataria na data de inicio do servicio da nova titular.

O incumprimento das obrigas entre empresas non afectará á subrogación do persoal.

C) Os traballadores que non desfrutasen das súas vacacións regulamentarias ó producirse a subrogación desfrutaranas coa nova adxudicataria do servicio, que só aboará a parte proporcional do período que a ela lle corresponda, xa que o aboamento do outro período lle corresponde ó anterior adxudicatario, que deberá efectualo na correspondente liquidación.

D) A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento polas partes que vincula: empresa ou entidade pública ou privada cesante, nova adxudicataria, cliente e traballador.

Se o cliente rescindise a contrata a unha empresa por deixar de presta-lo servicio, ou realizalo por si mesmo, operará a subrogación para o propio cliente nos termos sinalados neste artigo.

Artigo 41º.-Ordenanza laboral.

As partes asinantes deste convenio acordan que o contido da derrogada ordenanza laboral do sector (limpeza pública, regas, recollida de lixo e sumidoiros) se siga aplicando, ata que unha vez estudiado o Acordo marco do sector (o convenio xeral de limpeza pública), publicado no BOE nº 58, do 7 de marzo de 1996, poida ser estudiado pola comisión paritaria e incorporado no caso de estimalo, a este convenio colectivo.

Artigo 42º.-Composición da mesa negociadora.

Validez da representación e capacidade de obrigarse: este convenio colectivo de ámbito empresarial foi negociado entre os representantes da empresa Juan Manuel Gil Martínez, José Antonio Martín Bermejo, José Somoza Pérez e Luis Terrón López, e os representantes dos traballadores Jesús Búa Eirín, Ángel López López, Ángel Miranda Leiro, Agustín Sabarís Ucha, Teresa Jaén Trelles, Manuel Iglesias Pazos, José Outeda Castrelos, José A. Álvarez López e Roberto García Fariña, todos eles membros do comité de empresa.

Foron asesores da parte social, en todas ou parte das sesións negociadoras, os seguintes:

CC.OO.:

Alves Piñeiro, José Manuel.

Pérez Fernández, Eva María.

Rodríguez Ballesteros, Rafael.

CIG:

Briones Viceiro, Pilar.

Currás Meira, Manuel.

De igual maneira foi asesora da parte empresarial, Victoria Álvarez García.

A comisión negociadora constituíuse válida e debidamente en tóda-las súas sesións e as partes recoñecéronse mutuamente a representación coa que actuaron e a capacidade suficiente para o outorgamento dos acordos neste convenio.

Recibo liquidación

Empresa

Empregado

Data cesamento...Causa

O traballador subscrito cesa na prestación dos seus servicios por conta da empresa arriba indicada, e recibe neste acto a liquidación de partes proporcionais na contía e detalle que se expresa ó pé; coa recepción desta recoñece estar saldado e liquidado por tódolos conceptos coa referida empresa, comprometéndose a non lle pedir nin lle reclamar máis nada á empresa.

En Pontevedra ... de ... de 200...

Sinatura do delegado sindical/sinatura do traballador/sinatura da empresa.

Detalle liquidación

Liquidación verán

Liquidación vacacións

Suma

Retención renda

Desexa Vde. que esta liquidación sexa visada polo comité, delegado ou centrais sindicais logo da súa aprobación.

SíNon

Sinatura

Líquido para percibir

Permiso para consulta médica que concede

a empresa Ingeniería Urbana, S.A.

Productor

O productor sinalado foi consultado no día da data, das ... ás ... horas.

Pontevedra o ... de ... de 200...

Asdo.: Dr./Dra. D./Dª ...

Nota: este volante só se estende para efectos de xustificar ante a empresa o tempo de consulta en institucións da Seguridade Social.