Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 01 de agosto de 2000 Páx. 11.461

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000493/2000, interposto por Luis Lorenzo Mur.

Recibiuse nesta consellería escrito da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente administrativo referido ó recurso contencioso-administrativo nº 01/0000493/2000, interposto por Luis Lorenzo Mur contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 70, do 10 de abril), polo que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Esta secretaría xeral acordou, en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo solicitado.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 49 da citada Lei 29/1998, notifícaselles ós interesados e emprázanse para poderen comparecer como demandados no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2000.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo