Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2000 pola que se anuncia poxa, para a contratación de diversas obras.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa, das seguintes obras:

1. Mellora E.P. 5201 Arbo-Cabeiras-Barcela (tramo final) Arbo 15.700.000.

2. PO-7203 Soutelo-Covas e ramal A Medanela (Forcarei) 17.500.000.

3. Beirarrúas en acceso ó Monte Carrasco, tramo esquerdo (Cangas) 13.387.949.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 20 de xullo de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado